Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 319 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

O Concello e o Colexio de Arquitectos organizarán unhas xornadas sobre a nova arquitectura de Lugo

13.09.2011  Os arquitectos terán ocasión de coñecer da man dos seus autores edificios que se están a construir na cidade como o MIHL, a nova sede da Policía Local e a do Cetal

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello e o Colexio de Arquitectos acordaron hoxe organizar unhas Xornadas para estudar a nova arquitectura de Lugo que inclúe varios edificios públicos sobresaíntes polo seu deseño.


Este é un dos acordos de colaboración entre o Concello e a nova directiva do Colexio de Arquitectos en Lugo dos que se tratou nunha xuntanza que celebraron esta mañá na Casa do Concello ambas as dúas institucións.


Na xuntanza, que tamén serviu de presentación da nova directiva do Colexio de Arquitectos, estiveron presentes o Alcalde da cidade, José López Orozco, os Concelleiros de Urbanismo, Luis Álvarez, e de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, o Presidente do Colexio de Arquitectos en Lugo, Raúl Veiga, e o Secretario deste Colexio profesional, José Luis Sanmiguel.


O Alcalde salientou que “para o Concello é moi importante esta colaboración cun Colexio profesional que ten gran presenza na vida social, cultural, artística e económica da cidade” e agradeceu a súa directiva as propostas de cooperación feitas pola entidade.


Pola súa parte, o Presidente do Colexio de Arquitectos indicou que “se trata de aproveitar sinerxias” e manifestou que outras liñas de cooperación co Concello teñen que ver co proxecto Cidade e identidade, a oferta de colaboración do Colexio profesional na redacción de concursos que faga o Concello ou posible creación dunha oficina do usuario de arquitectura.


As Xornadas da nova arquitectura de Lugo comezarán no mes de outubro e consistirán en encontros dos arquitectos de Lugo cos autores dos novos edificios públicos que se constrúen na cidade como resultado de concursos de ideas convocados tanto polo Concello como por outras administracións.


O primeiro destes debates, que se completarán com visitas ós edificios, adicarase ó Museo Interactivo da Historia de Lugo, que se constrúe dacordo co proxecto do prestixioso equipo de arquitectos Nieto-Sobejano. En sucesivas sesións os protagonistas serán, entre outros, o edificio que servirá de sede da Policía Local e para o Servizo de Protección Civil, seguindo un proxecto do estudo de arquitectos Mestura, e ó edificio do Cetal, deseñado polo arquitecto Jacobo Bouzada Jaureguizar. Estes dous novos edificios levántanse na zona de San Fiz.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS