Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1083 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

Xunta de Goberno Local

O Concello de Lugo aproba o cambio de ubicación do mercado de antigüedades e coleccionismo

16.12.2009 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto da ordenanza reguladora do mercado de antigüedades e coleccionismo que modifica a súa ubicación habitual na Praza da Soidade ao fondo da Praza Maior. Os días de chuvia o mercado desenvolverase nos soportais da Praza do Campo.

Os obxectos aptos para a vendas serán antigüedades rústicas, cadros e pinturas, artigos coleccionables, reloxería, libros e revistas, películas, vídeos, discos e similares e artículos varios.

As dimensións dos postos será de 4 a 8 metros de fachada sendo o fondo máximo de 2 metros. O día de celebración será o segundo e terceiro domingo de cada mes e o horario de venda será de 10,30 a 14 horas.

A Xunta de Goberno Local outorgará as autorizacións por un período dun ano. A nova ordenanza irá ao Pleno do 28 de decembro.

Escola Infantil de Fontiñas
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou hoxe o proxecto de regulamento da Escola Infantil Municipal de Fontiñas que prestará atención aos nenos de entre tres meses e tres anos de idade. A Escola conta con 61 prazas que xa foron dadas a coñecer e que, previsiblemente, poderán levar a cabo a matrícula na primeira semana de 2010.

A Escola oferta servizo de comedor para todas as idades e o seu horario de apertura será de 8,00 a 20,00 horas de luns a venres de xaneiro a decembro.

José Rábade deu conta ademais da contratación do servizo para a redacción do proxecto, proxecto arqueolóxico, dirección de obra, coordinación en materia de seguridade e saúde e seguimento arqueolóxico durante a execución das obras de peonización e adecuación do contorno da rúa San Marcos. O contrato será financiado nun 70% por fondos FEDER.

O prazo de execución son 2 meses e o prezo ascende a 80.620 euros.

Así mesmo, co obxectivo de facer máis flexible e áxil o cemiterio, o Concello de Lugo modificou o regulamento xeral de servizos xerais indicando que o cemiterio permancerá aberto todos os días do ano no horario que se estableza en función de época estacional. A novidade máis inmediata é que abrirá de 14,30 a 18,30.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS