Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 898 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

no marco de Lugo10

O Concello de Lugo e a empresa Emetel asinan un convenio de colaboración

16.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Xerente da empresa Emetel Sistemas, Manuel Lago, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 para a realización dos actos e actividades que se engloban baixo a marca coa que o Concello de Lugo está a conmemorar o décimo aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

O convenio establece a colaboración  para a organización, programación e posta en marcha deste programa cultural, artístico, deportivo, científico, turístico e, sobre todo, social, para o que é precisa a colaboración económica de todos aqueles que queiran sumarse ao proxecto.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a colaboración de Emetel en Lugo10, por ser unha empresa punteira do sector das novas tecnoloxías que permite conciliar tradición e modernidade ao permitir que se unan tecnoloxía e Muralla Romana.

“É un xeito de dicir que creen en nós, o que nos fai sentirnos orgullosos da cidade e do traballo conxunto que se está a facer entre todos”.

Na súa intervención, Manuel Lago manifestou o interese da súa empresa en colaborar en iniciativas que defendan o patrimonio cultural, polo que lle desexou ao Concello que haxa un Lugo20, 30 e 40.

Lugo10
Lugo10 é un completo programa de actividades e actos que busca a promoción  e difusión dun extraordinario monumento como é a Muralla Romana de Lugo, Patrimonio Mundial.

O obxectivo deste programa é involucrar ás forzas vivas da cidade e ao conxunto da cidadanía para que traballen de forma unida nun proxecto de difusión do patrimonio e a historia de Lugo, que favoreza e potencie a imaxe positiva da cidade tanto dentro como fora.

Emetel colabora coa achega de 10.000 euros para asumir os gastos derivados das actividades realizadas polo Concello na execución do programa Lugo10, actuando así como patrocinador.

A cambio, o Concello de Lugo fará constar a colaboración de Emetel nun lugar prioritario do conxunto de accións incluídas na comunicación global corporativa, como campañas de publicidade e márketing que se leven a cabo.

Así mesmo, Emetel recibiu de mans do Alcalde o título de embaixador da Muralla Romana acompañado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional de cerámica de Luis Regal.

Ata a data patrocinan Lugo10:
Deputación provincial de Lugo
Fundación Tic
Telefónica
Calfensa
Nupel
Urbaser
EMETEL
Gestagua
Transportes Valín
Cociñas Lareira
ONCE
Coca Cola
Ribeira Sacra
Fundación César Egido
Fundación Azkar

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS