Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 893 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

Así o destacou Sonia Méndez nun almorzo coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo

O Concello de Lugo reforza a reacción ante a situación de crise con medidas de apoio á reactivación do mercado laboral

18.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A Concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez, participou hoxe nun almorzo coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE) onde destacou o reforzo e a rápida reacción do Goberno local ante a situación de crise con medidas de apoio á reactivación do mercado laboral.

Sonia Méndez citou como factores desa rápida reacción, as medidas de contención fiscal aplicadas polo Concello de Lugo como a conxelación dos impostos municipais ou as licenzas de apertura.

Neste sentido, referiuse á ampliación das bonificacións como aquelas relacionadas co medioambiente: vehículos ecolóxicos ou obras que incorporen sistemas de aproveitamento da enerxía solar.

Entre as importantes accións desenvolvidas polo Goberno que dirixe José López Orozco atópase a reducción dos gastos de funcionamento que vai parella a un aumento do gasto social.

No relativo ao gasto social, o Concello de Lugo é a administracioón local que máis inviste do Estado neste concepto a través de programas de inserción laboral e formación.

Sonia Méndez destacou así mesmo o alto investimento en obra pública coa creación de máis de 1.000 postos de traballo derivados das actuacións do Plan Urban e da primeira convocatoria do Plan E.

Ademais destas importantes medidas, a Concelleira de Economía e Emprego referiuse ao esforzo levado a cabo nas axudas a pemes grazas ao Plan Urban que potencian a revitalización comercial e turística do centro histórico ou o labor realizado desde o Centro de Empresas e Innovación (CEI) con programas personalizados de consolidación e xestión económica, entre outros.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS