Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 916 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

encontro de traballo en Santiago

O Conselleiro de Medio Ambiente avánzalle ao Alcalde de Lugo que o Auditorio será licitado antes do verán

08.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo na que trataton temas de interese para a cidade de Lugo. Así, o Conselleiro avanzoulle ao Alcalde que o Auditorio será licitado antes do verán. A infraestrutura estará ubicada na zona de Magoi.

Así mesmo, o Conselleiro porá en contacto ao Alcalde cos arquitectos que desenvolverán o proxecto do Auditorio para que coñeza de primeira man “cómo vai a obra”.

Ambos os mandatarios, o local e o autonómico, mantiveron unha xuntanza de traballo cordial na que aproveitaron para tratar outros temas como o PXOM, o Plan Paradi ou o saneamento rural.

Así, en relación co saneamento do rural, José López Orozco comprometeuse a enviralle ao Conselleiro o importe dos proxectos que se están acometendo na zona rural para poder establecer un convenio de colaboración co departamento que dirixe Hernández, no que se fixaría unha achega do 70% da administración galega e un 30% da local.

Os proxectos que o Goberno local remitirá á Xunta son:
- Bocamaos-Meilán
- Orbazai
- Adai e
- Gondar

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comprometeuse a impulsar o saneamento rural cun investimento que oscilará entre o  1 e 1,5 millóns de euros. Estes recursos serían aportados nun 70 por cento pola Xunta e o 30 por cento restante polo Concello de Lugo.

 


PXOM
En relación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Alcalde de Lugo anuncioulle ao Conselleiro que o documento estará na Xunta antes de final de mes para que poida ser aprobado o antes posible.

Hernández destacou as reunións a nivel técnico que se están a manter entre representantes de ambas administracións, para que o plan tamén estea aprobado antes do verán.

Neste sentido, o Conselleiro tamén explicou a súa pretensión de licitar a Ponte do Plan Paradai e a Rúa Serra de Meira “o antes posible” tal e como recollen os orzamentos autonómicos.

Por último, López Orozco expuxo a súa intención de participar na orde de subvencións da Consellería, para a moficiación ao PEPRI.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS