Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 895 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

A saltadora Paula Ferreiros proclamouse campiona de España en salto de altura

Os deportistas lucenses destacan nos Campionatos de España Xuvenil de Atletismo e Cadete de loita Olímpica

17.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A pasada fin de semana celebrouse en Oviedo o Campionato de España Xuvenil de Atletismo no que a saltadora de altura lucense Paula Ferreiros, se proclamou campiona de España.

Ademais, o SF Lucus Caixa Rural foi o club galego con máis atletas participantes, con 4 atletas femininas.

Tamén hai que destacar a actuación doutras atletas lucenses como o 4º posto de Alicia Merino en Combinadas, cunha actuación moi completa mellorando marcas en dúas probas: lonxitude e 60 metros valados.

Loita
Uns bos resultados acadaron tamén os loitadores lucenses que participaron no Campionato de España cadete de Loitas Olímpicas. O Club de Loita Lugo aportou dous deportistas a selección Galega de Loita Libre Olímpica, que rematou no 3º posto por seleccións.

Os deportistas Lucenses son:

- Francisco Otero Fernández: categoría de menos de 85 Kg. Acadou o 3º posto.

- Óscar Moreno González: categoría de menos de 76 Kg. Acadou o 9º posto.

Os resultados acadados, superaron as espectativas, xa que é a primeira participación nos campionatos de España de ambos loitadores.

A próxima convocatoria para Francisco Otero, pode vir da Selección Nacional de Loita, para participar nas concentracións de tecnificación que terán lugar en Murcia, no CAR Infanta Cristina, durante a primeira quincena de Abril.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS