Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 910 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

O lider do proxecto URBACT Active Travel Network visita a cidade de Lugo

11.03.2010  O consorcio do programa, formado por Lugo e outras cinco cidades da Unión Europea, pretende potenciar os deprazamentos a pé e en bicicleta

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes, José Rábade, recibiron na Casa do Concello ao representante da Universidade de Graz e do Concello de Weiz, Robert Pressl, lider do proxecto URBACT Active Travel Network, no que está a participar o Concello de Lugo.


O proxecto pretende traballar activamente no impulso dos desprazamentos a pé e en bicicleta como medio de transporte, por isto, o director do Plan de Mobilidade, Miguel Ángel Negral, explicoulle ao representante Austríaco e lider do Proxecto Europeo as liñas máis importantes do Plan de Mobilidade, así como as actuacións que se van a levar a cabo para a peonalización da rúa San Marcos.


Pressl recibiu de primeira man información sobre as medidas implantadas na cidade a favor da mobilidade en bicicleta e a pé. Así como as actuacións para facilitar estes desplazamentos no recinto histórico e os resultados das peonalizacións de diversas rúas xa efectuadas na cidade.


A vindeira xuntanza do plan terá lugar en Polonia, na cidade de Radzionko, o 6 e o 7 de abril.


URBACT

O obxectivo da iniciativa é cambiar os desprazamentos de curta distancia en coche por desprazamentos a pé ou en bicicleta. A participación de Lugo neste proxecto reafirma a política do Goberno Local para potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo, máis respetuoso co medio ambiente e máis saudable, que se concreta no Servizo Municipal de Préstamo de Bicicletas Rebicíclate e que se verá potenciado coa posta en marcha do Plan de Mobilidade.


O importe total do proxecto oscilará entre os 300.000 e os 710.000 euros que se concretará, do mesmo xeito que o alcance definitivo do proxecto, durante os traballos preparatorios do mesmo, que terán lugar entre xaneiro e abril do ano 2010.


Actualmente o consorcio do proxecto, que ten unha duración de 36 meses, está formado por 5 cidades, ademais de Lugo: Weiz (Austria), Novara (Italia), Sebes (Rumania), Dundee (Reino Unido) e Radzionkow (Polonia).


O Programa URBACT II é unha convocatoria de financiamento FEDER que ten como obxectivo lograr as estratexias e obxectivos de Lisboa e Gothenburg, en termos de crecemento, emprego e o medio ambiente sustentable. O programa URBACT II promove esta actuación para reunir a actores no nivel local e rexional para cambiar e aprender sobre unha ampla gama de temas de política urbana.


O URBACT II está estruturado sobre dúas temáticas prioritarias:

- prioridade 1 - Cidades, Motores de Crecemento e Empregos

- prioridade 2 - Cidades Atractivas e Cohesivas


Os beneficiarios do Programa URBACT II son:


- Cidades (municipios, corpos infra-municipais e áreas organizadas) dos Estados membro ou socios;


- Universidades e os centros de Investigación dos Estados membro e socios, nos termos urbanos que sexan afectados. Os beneficiarios deben ser autoridades públicas ou corpos públicos equivalentes para as accións Prioritarias 1 e 2.


Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS