Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 889 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

A proba englóbase dentro da programación de Lugo10

López Orozco anima ao conxunto da cidadanía a promover actos para conmemorar o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

18.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o responsable de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga, o Xerente de Autolusa, Vicente Quintas, o presidente da Escudería Miño, Carlos Íñiguez, e o xefe territorial de Deportes da Consellería de Cultura, José Manuel Rozas,  presentaron esta mañá a I Subida Muralla de Lugo.

López Orozco agradeceu aos organizadores “esta subida que leva o nome da Muralla no ano no que o monumento celebra o seu décimo aniversario como Patrimonio Mundial”. “Agradecidos por promover este evento porque é o que pretendemos que o conxunto da cidadanía se animase a facer actos para conmemorar, expandir e dar a coñecer aínda máis o emblema que é a cidade”, expuxo.

A Escudería Miño Lugo organiza a 1ª Subida a Lugo que se desenvolverá desde o día 20 de marzo ó día 21 de marzo do ano 2010.

A proba 1ª Subida a Lugo é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:
- Campionato de Galicia de Montaña.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “N”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “A”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “X”.
- Copa de Galicia de Automóbiles Históricos de Montaña (Anexo J 1981).
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “P”.
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo "CM1- CM2".
- Copa de Galicia de Montaña para o Grupo "SCC".
- Copa de Galicia de Montaña para Escuderías (Grupos N, A e X).


O percorrido da proba contará coa súa saída na estrada LU-2902, 100 metros antes da ponte sobre o río Miño (Planta potabilizadora), e a chegada está fixada na estrada de Adai (Sta. Mª Madanela) a Penarrubia. Os pilotos percorrerán unha distancia de 4,350 qm cunha porcentaxe de pendente do 2,63%.

Os premios e Trofeos que se entregarán serán os seguintes:

XERAL SCRATCH ABSOLUTA
1º Coroa de Loureiro e Trofeo
2º Coroa de Loureiro e Trofeo
3º Coroa de Loureiro e Trofeo

XERAL SCRATHC
1º 600 euros
2º 400 euros
3º 250 euros
4º 180 euros

 XERAL SCRATCH  CARROZADOS
1º 600 euros
2º 400 euros
3º 250 euros
4º 180 euros

XERAL SCRATCH
HISTÓRICOS
1º 200 euros
2º 150 euros
3º 100 euros

XERAL SCRATCH COPA FEMININA
1º 200 euros
2º 150 euros
3º 100 euros


POR GRUPOS
GRUPO N - GRUPO A - GRUPO X - GRUPO SCC - GRUPO P - GRUPO CM1-CM2 - GRUPO EM1-EM2 – GRUPO C3-CN-EL-EH -
HISTÓRICOS PROVINTES GR. (1 , 2, 3, e 4 “Anexo J” 1.981) - HISTÓRICOS PROVINTE GR.5 (“Anexo J” 1.981)
1º 150 € e Trofeo
2º 100 € e Trofeo

Horario
Sábado 20:
16.00-18.00 VERIFICACIONS ADMINISTRATIVAS.- PRAZA DE SANTA MARIA
16.00-16.30 Números 1 a 25
16,30-17,00 Números 26 a 50
17,00-17,30 Números 51 a 75
17,30-18,00 Números 76 a FIN
16.30-20.30 VERIFICACIONS TECNICAS
16.30-17.30 Números 1 a 25
17.30-18.30 Números 26 a 50
18.30-19.30 Números 51 a 75
19.30-20.30 Números 76 a FIN
22.00.- Publicación lista autorizados a toma- la saída.
21:00.- Hora límite presentación vehículos no parque pechado.


Domingo 21:
07.45.- PRESENTACIÓN PILOTOS PARQUE PECHADO
09.00.-  PRESENTACIÓN PILOTOS PARQUE PRE-SAIDA. ESTRADA LU-2902
09.30 SAIDA MANGA DE ADESTRAMENTOS
11.30 SAIDA 1ª MANGA OFICIAL
13.30 SAIDA 2ª MANGA OFICIAL
16.00 ENTRADA PARQUE PECHADO RONDA DA MURALLA
(TRAMO PEONIL)
17.30 PUBLICACION DE RESULTADOS.- PRAZA DE SANTA MARIA
18.30 ENTREGA DE TROFEOS.- PRAZA DE SANTA MARIA

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS