Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1106 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

entrega o borrador á oposición

López Orozco destaca “o carácter social duns orzamentos para 2010 realistas, austeros, sensatos e equilibrados coa realidade”

03.12.2009 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregáronlle hoxe aos membros da oposición o borrador de orzamentos para 2010 co obxectivo de consensualo e chegar a un acordo. O Alcalde de Lugo destacou “o caráter social dunhas contas para 2010 realistas, austeras, sensatas e equilibradas coa realidade”.

Así mesmo, López Orozco indicou que se trata dunhas contas froito da reflexión, da prudencia e da obxectividade “tendo en conta as necesidades da cidade e da cidadanía”.

O orzamento para o ano 2010 ascende a 91.696.726 millóns de euros, contía que se verá incrementada cos fondos destinados polo Goberno a través do Plan E á cidade e que este ano suman máis de 10 millóns de euros. Previsiblemente os orzamentos serán elevados ao pleno extraordinario do 28 de decembro. Previamente, manteranse 3 reunións cos grupos políticos para chegar a un acordo que permita a súa aprobación definitiva.

Colaboración entre as administracións

Así, o Concello de Lugo contará co apoio doutras administracións para levar a cabo os seus proxectos , tales como a finalización do Plan Paradai, o comezo do Auditorio, ou o convenio con fomento en relación co embelecemento de estradas, as entradas e saídas da cidade.

O ano Urban

Tanto o Alcalde como a Concelleira destacaron que será o ano do Plan Urban dotado con 5.847.000 euros, “unha aposta polo comercio e pola hostelería co obxectivo de revitalizar a economía do centro da cidade e que este crecemento redunde no desenvolvemento do resto de Lugo”.

Sonia Méndez referiuse a actuacións concretas como aquelas relacionadas co emprego e a formación ás que se destinan 180.000 euros. Así mesmo, destinaránse  610.000 euros á adquisición de edificacións, como un baixo no Cantiño. A rehabilitación do Cantiño, San Marcos e a piscina de Santa María recibirán un total de 2.090.000 euros.

O Plan Urban recolle ademais a primeira fase da rehabilitación do vello cárcere á que se destinan 2.500.000 euros, así como 350.000 euros a axudas directas ao comercio e hostalería aos que se sumarán os remanentes das axudas deste ano.

Non se paralizará ningunha das obras proxectadas

O capítulo 6 dos orzamentos, aquel que se refire a obras e investimentos, contará cun total de 11.907.400 euros o que permitirá levar a cabo importantes proxectos. Deste modo, explicaron, ao igual que acontece noutros municipios, Lugo non verá paralizada ningunha das obras proxectadas. Entre estas, o Goberno Local citou:

- A nova sede da Policía Local (1.488.400 euros)

- Expropiacións (1.500.000 euros)

- Infraestruturas (Sagrado Corazón, centro histórico, adecentamento e rexeneración de rúas) 950.000 euros

-Posta en marcha da nova potabilizadora (950.000 euros)

- Fogar do transaúnte (400.000 euros)

- Escolas rurais (300.000 euros)

- Alumeado público e rural (270.000 euros)

- Colexios (250.000 euros)

- Instalacións deportivas (250.000 euros)

- Zonas verdes (150.000 euros)

- Novas tecnoloxías (160.000 euros)

- Tráfico e seguridade viaria (60.000 euros)

- Mobiliario (59.000 euros)

O capítulo 7 ascenderá a 2.049.500 euros e irá destinado a subvencións, soterramento de liñas eléctricas, subvencións na zona rural, empresa de turismo, ongs e ACUNOR. Así, o total de investimento para 2010 ascende a 22.356.900 euros.

Aumento do gasto social

O Alcalde de Lugo subliñou o obxectivo do Concello de manterse como a cidade de España que máis recursos destina a gasto social. Neste sentido, o Goberno Local prevé abrir dúas novas gardeirías, o Centro de Convivencia da Piringalla e a nova Casa das Linguas. O orzamento inclúe ademais dotación para 4 gardeirías, 7 centros de convivencia e 2 casas das linguas.

Neste sentido, o Executivo que dirixe López Orozco reduce o gasto corrente total a pesar de que aumenta o gasto social. A finalidade, destacou Sonia Méndez, consiste en manter e mellorar os servizos que se lle ofrecen á cidadanía para mellorar a súa calidade de vida.

Así, na súa intervención referiuse a un aumento do 82% nos orzamentos para o servizo de axuda no fogar que contará cunha contía de 2.000.000 de euros. Aumentan un 67% e un 66% respectivamente as contías destinadas a programas sociais e emerxencia social (470.000 e 150.000 euros).

Ademais, destinaranse 424.000 euros para subvencións sociais e 868.000 euros para a xestión de centros de día e 150.000 euros para ociotecas.

Co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar, o Concello de Lugo realizará un importante esforzo para ampliar as actividades extraescolares e continuar co programa de Escola Aberta. O Executivo local destinará a este fin 260.000 euros, un 65% máis que no exercicio anterior.

Promoción do emprego

A promoción do emprego é unha das prioridades da acción do Goberno Local, polo cal o Concello de Lugo destinará 775.000 euros do seu presuposto e levar a cabo politícas e promoción e incentivación do emprego. Desta contía, 269.242 serán axudas directas para persoas desempregadas en forma de becas de axuda para a formación, así como contratacións laborais da escola obradoiro “A memoria da cidade”, obradoiro escolas rurais e PILES.

Outros investimentos

O Concello de Lugo continuará a súa aposta pola educación cun investimento de 335.400 euros para a UNED, Rof Codina e para becas escolares. As accións culturais recibirán 2.222.000 euros mentres que o deporte contará cun orzamento de 2.653.000 euros para a mellora da infraestruturas e fomentar a práctica deportiva e a vida saudable.

Entre as partidas, destinaranse 2.013.000 euros ao fomento da utilización do transporte urbano e 211.000 para infraestruturas da zona rural; 1.264.594 euros para a e-adminsitración e a alfabetización informática da cidadanía e 355.000 irán dedicados á xuventude. O turismo, peza fundamental no desenvolvemento da cidade recibirá unha contía de 916.000 euros nas contas de 2010 co obxectivo de que siga a medrar o número de visitantes.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS