Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 928 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

Organizado pola Concellería de Educación

Máis de 4.500 alumnos e alumnas de secundaria participarán en Lugo no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España

02.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España. Nesta ocasión, a cidade de Lugo contará con cinco actuacións teatrais, que se desenvolverán dende o luns día 8 de marzo e que se alongarán ata o mércores día 10.

Os alumnos e alumnas de máis de 90 centros escolares de toda Galicia, León, Zamora e Valladolid asistirán ás representacións, que terán lugar no Auditorio Gustavo Freire. Coa asistencia de máis de 4.500 rapaces confírmase o éxito de convocatoria desta actividade e proba que a cultura clásica goza dunha excelente saúde na nosa comunidade.

As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria e Bacharelato,  concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.

A Mostra deste ano contará coa representación de Electra de Sófocles, Troyanas de Eurípides, así como as comedias  Asamblea de Mujeres de (Aristófanes), Cásina e Gemelos de Plauto.

O Concello de Lugo participa nos últimos anos neste ciclo que destaca pola profunda implicación dos centros no mesmo, na faceta de público e tamén na de actores.

O programa oferta para os alumnos que acuden doutras cidades unha visita á cidade de Lugo que inclúe os seus monumentos, museos e arredores. Este ano terá especial relevancia a visita á Muralla que celebra o seu décimo aniversario como Patrimonio Mundial.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS