Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 983 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

López Orozco pídelle colaboración ao Goberno galego para o mantemento das escolas infantís

A nova Escola Infantil de San Fiz dará formación a 61 rapaces e rapazas da cidade con idade de 0 a tres anos

04.02.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e os Concelleiros de Infraestruturas e Educación, José Piñeiro e Dolores Vieiro, respectivamente, visitaron hoxe a nova Escola Infantil de San Fiz que dará formación a 61 rapaces e rapazas da cidade.

Parafraseando a Antonio Gandoy o Alcalde de Lugo destacou que “a maior preocupación do Equipo de Gobenro se centra na eduación infantil e na universitaria, como os piares básicos dunha sociedade”.

A escola, que xa está rematada, será equipada polo Concello con cargo aos orzamentos de 2010.

Trátase dunha obra realizada con cargo ao FEIL do ano 2009 e que contou cun investimento do Goberno de España de 730.000 euros. A escola contou cun prazo de execución de 6,5 meses a cargo da empresa Odegal que deu emprego a 39 persoas, 7 delas desempregadas. A Escola Infantil de San Fiz conta con 932 metros cadrados distribuidos nunha única pranta.

Contidos do MIHL
López Orozco avanzou ademais, a concesión por parte do Ministerio de Política Territorial do proxecto de execución da instalación museolóxica do museo interactivo da historia de Lugo (MIHL) con cargo aos recursos do Fondo estatal para o emprego e a sustentabilidade local. Trátase dun proxecto que contará cun orzamento de 1.700.000 euros.

“Lugo vai contar cunha novo dotación que vai favorecer ao conxunto dos lucenses e convertirse nun motivo máis para que nos visite moita xente”, incidiu.

Na súa intervención, destacou que “a obra que hoxe visitamos é un bo exempplo de que Lugo utiliza ben o diñerio público nesa excelente idea que foi o Plan E que lle deu fortaleza ás emrpesas e traballadores e permitiu darlles dotacións moi importantes aos cidadáns”.

Así mesmo, explicou que coa escola visitada hoxe se completa a rede de escolas municipais. “Cando eu cheguei ao Concello había unha escola e agora hai catro das que só queda por poñer en funcionamento a de San Fiz e a da Piringalla”.

Neste sentido, López Orozco expresou o seu desexo de que a Xunta de Galicia colabore no seu mantemento. “Creo que non hai ningún concello en Galicia que teña feito dúas escolas infantís con diñeiro propio a custo cero para a Xunta, polo que cando me sente coa Conselleira e falemos do mantemento das escolas terá que ser xenerosa co Concello e cos cidadáns de Lugo”, expuxo.

O Alcalde felicitou a todos os que formaron parte da construcción da obra e referiuse así mesmo ao importante traballo desenvolvido desde o Concello de Lugo por parte dos responsables de urbanismo  para desenvolver unha unidade de actuación de 279.000 metros cadrados que albergarán, entre outros, a universiade, a nova sede do Cetal ou a sede da Policía Local.

O Alcalde da cidade agradeceulle ao Goberno a confianza que se tivo nos Concellos a través do Plan E e anunciou que se convidará ao Ministro á apertura do centro.

Aposta pola creación de emprego
Na súa intervención, o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, destacou a importancioa das obras levadas a cabo polo Concello de Lugo correspondentes ao Plan E “porque constitúen unha aposta clara pola creación de emprego”.

Así, explicou que na provincia de Lugo se crearon ou mantiveron  preto de 4.000 postos de traballo ao abeiro do Plan E e na cidade de Lugo 937. Vázquez Portomeñe destacou ademais a boa definición e as magníficas formas da Escola Infantil.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS