Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Sábado 11.02.2012  | Actualizado 18.26      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

o obxectivo é dotar a Lugo da mellor estación intermodal

O Concello de Lugo congratúlase de que a Xunta atenda a petición do Alcalde e asuma o custo da nova estación de autobuses

23.07.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello de Lugo expresa a súa satisfacción pola nova proposta da Xunta de Galicia para construir na cidade unha estación intermodal.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu este mediodía unha carta do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na que propón “unha alternativa que desbloquee a situación mediante unha ferramenta que permitiría cumprir o teu desexo, plantexado no derradeiro parágrafo da túa carta”, en alusión á misiva que lle remitiu onte pola tarde o Alcalde desa cidade. López Orozco dicía textualmente nese párrafo:
“En todo caso, estaremos encantados de asinar o Protocolo para o desenvolvemento da estación intermodal da cidade, sempre e cando se incorpore claramente que o pobo de Lugo non vai a ter que poñer nin un só euro, nin ceder e recalificar ningunha das parcelas do patrimonio municipal de solo que nada teñen que ver con estas actuacións. Concidimos en que o noso obxectivo é dotar a Lugo da mellor estación intermodal posible”.
O nova redacción que propón a Xunta de Galicia para incorporar ó texto do protocolo de construcción da estación intermodal dí o seguinte:
“En caso de que a Administración local optase por non executar, sobre a parcela da actual estación de autobuses, unha actuación urbanística cun aproveitamento lucrativo, sería o Concello de Lugo o que asuma o custo das actuacións de reurbanización do entorno da actual estación, asumindo a Comunidade Autónoma o custo da nova estación de autobuses, así como do 50% das actuacións de reurbanización do entorno que, no seu caso, fosen necesarias para a loxística da estación intermodal. Todo isto considerando as dispoñibilidades presupostarias que correspondan”.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS