Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Sábado 11.02.2012  | Actualizado 18.26      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 3 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

O Concello de Lugo súmase á conmemoración do Día Nacional de Galicia

25.07.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello de Lugo súmase hoxe á conmemoración do Día Nacional de Galicia que festexamos todos os galegos no día de Santiago. Unha festa que nos une a todos os que vivimos no país e os que se atopan fóra pero non por iso perderon a súa condición de galegos.

É hoxe un día para reivindicar o que nos une e o que nos é propio, os nosos sinais de identidade: língua, cultura e un pasado común.que fixeron de nós un pobo. Un legado ó que nós, os lucenses, nin queremos nin debemos renunciar senon que neste Día de Galicia estamos obrigados a renovar o compromiso de manter intacta esa herdanza para transmitirllela ás xeneracións que nos sucedan.

Así pois, no día de Santiago debemos festexar a nosa existencia como pobo, pero tamén temos que deixar claro que non queremos renunciar ó entendemento cos que son diferentes de nós.

Este ano o Día de Galicia ten a singularidade da celebración do Ano Santo coa importancia que ten para a nosa cidade por ser parte do Camiño Primitivo. E Lugo, que tamén conmemora este ano o décimo aniversario da nosa Muralla como Patrimonio Mundial, quere proclamar desde aquí a súa vocación galega.

Desde o Concello animamos, polo tanto, a todos os lucenses e a todos os galegos a disfrutar deste día, a compartilo con quen nos visitan e a renovar o noso compromiso para facer de Galicia unha terra próspera de xente feliz.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS