Miércoles 28.01.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo
En 2004 asinouse un protocolo entre o Concello de Lugo e o Ministerio de Fomento para a transferencia de titularidade de varios treitos da rede estatal de estradas no noso concello e para a construción da nova ponte sobre o río Miño. Na actualidade, executáronse ou están en execución as actuacións recollidas naquel protocolo, que melloraron a rede viaria no contorno de Lugo.
Agora, para fixar as actuacións necesarias para completar a Rede de Estradas do Estado no contorno de Lugo, así como as actuacións municipais que poidan complementar a éstas, é preciso establecer un novo marco de colaboración entre ambas as dúas administracións.
Así, en virtude do acordo rubricado hoxe, o Ministerio de Fomento encargarase do estudo sobre a funcionalidade da Rede de Estradas e as posibles actuacións de mellora. O estudo incluirá as seguintes actuacións:
-Rolda Exterior Oeste de Lugo. Treito: Autovía A-6 (Enlace p.k. 500 Parque Empresarial O Ceao-As Gándaras)- N-540 (p.k. 3,5), conexión coa Autovía A-54.
-Vial de conexión da Nova Ponte sobre o río Miño en Lugo coa Autovía A-54. Treito: Intersección Nova Ponte con LU-612- N-540 (p.k. 3,5) conexión coa Autovía A-54.
-Desdobramento e iluminación da Rolda Norte de Lugo no treito Intersección coa Rolda Leste de Lugo (p.k. 89,5)- Intersección coa Avenida da Coruña (p.k. 92,6).
-Desdobramento da N-640 entre a glorieta de enlace coa Rolda Leste e a Rolda Norte, na Campiña, ata o comezo da Avenida de Carlos Azcárraga.
Ademais, o estudo poderá incluir a definición das actuacións complementarias de titularidade municipal que poidan resultar necesarias para a mellora da mobilidade no concello.
Pola súa banda, o Concello de Lugo achegará a documentación de planeamento urbanístico precisa e informará sobre as súas actuacións. Ademais, asumirá a conservación e explotación de calquera actuación de iluminación, debendo realizar as conexións eléctricas de alumeado, formalizando os contratos coas compañías subministradoras e asumindo as facturas de suministro eléctrico.
