Miércoles 28.01.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo
López Orozco foi convidado pola Federación Española de Municipios e Provincias a participar neste Foro de Gobernos Locais, que ten como tema a Gobernabilidade local, descentralización e reforma do Estado, xunto a autoridades como o Presidente da República do Paraguai, o vicepresidente da Asociación Chilena de Municipios, o Director Executivo do Consello Nacional da Reforma do Estado da República Dominicana, o Director do Fondo de Investimentos Salvadoreño para o Desenvolvemento local, os alcaldes de Lisboa e Panamá, e diversos representantes dos gobernos de México, Arxentina, España e a FEMP.
O Alcalde defendeu, na súa primeira intervención neste Foro, titulada “Os retos da gobernanza multinivel”, o papel fundamental que lles corresponde ós Concellos nun mundo globalizado e nun momento de crise. Mantivo López Orozco que “hoxe, máis que nunca, se puxo de manifesto a importancia dunha boa xestión dos servizos públicos e a necesidade da colaboración entre as distintas administracións para aunar esforzos fronte á crise”. E afirmou que “son precisamente os concellos as administracións que máis coñecen as necesidades cotiás dos cidadáns, quen mellor poden contribuir, por elo, a satisfacer esas necesidades en educación, servizos básicos, etc”.
Lembrou o Alcalde que “no marco da Unión Europea, asúmese xa con absoluta rotundidade algo que eu, como municipalista, veño defendendo desde hai moito tempo: as relacións entre as administracións non podem ser de supremacía, senón de cooperación, coordinación e cohexión”. “E, grazas a este plantexamento, Europa conta con instrumentos como a Axenda 21 Local, o Pacto de Alcaldes, o Congreso de Poderes Locais e Resionais e o próprio Comité das Rexións, nos que os Concellos atopan un foro onde ser escoitados e poñer en común as súas experiencias e necesidades”, engadiu.
Explicou tamén López Orozco que “dende logo, a época que nos está tocando vivir non é doada, e os cidadáns están a sofrir no seu día a día a situación económica mundial, de xeito que os concellos teñen que ser máis que nunca instrumentos ó servizo das persoas. Pero, para elo necesitan da colaboración e o respecto do resto das administracións, que teñen ingresos moito maiores, pero carecen dese contacto directo e diario co cidadán de a pé”.
