Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 2172 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

POLÉMICA

Ó PP estráñalle a investigación a un funcionario do Concello de Lugo

30.05.2006  Os populares, sorprendidos porque se pedira documentación só da época do PP e non da fase con López Orozco, con quen tamén traballou

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN E AXENCIAS . LUGO

O presidente provincial do PP, Xosé Manuel Barreiro, expresou onte a súa "sorpresa" pola decisión da Fiscalía da Audiencia de Lugo de solicitar información vinculada a un enxeñeiro imputado na operación Muralla referida exclusivamente á etapa de goberno popular no consistorio lucense.

O enxeñeiro Luis María Álvarez, imputado nesta operación, posta en marcha pola Fiscalía de Lugo, ó mando da cal está Jesús Izaguirre, por presuntas irregularidades na tramitación de expedientes de obras na Deputación de Lugo, traballou no Concello de Lugo, o que levou o fiscal a requirir documentación relacionada con este traballador.

A "sorpresa" no PP débese, dixo Xosé Manuel Barreiro, a que só se pide información do período comprendido entre 1996 e 1999, etapa na que gobernou o alcalde "popular" Joaquín María García Díez, e non ós dous anos nos que os "populares" aseguran que este traballador estivo no Concello co socialista Xosé López Orozco á fronte da alcaldía.

"Ó Partido Popular chámalle a atención que nesta investigación de presuntas irregularidades se acurte o período de análise ós expedientes de adxudicación de obras, cando resulta que estivo no Concello ata o 2001", apuntou Barreiro.

Barreiro expresou o desexo de que, polo ben das institucións afectadas e as persoas implicadas, a xustiza "esclareza o máis pronto posible esta investigación".

Segundo Barreiro, apréciase un "nerviosismo" nos socialistas, nerviosismo que relaciona coa "posibilidade de que García Díez encabece a candidatura" á alcaldía da cidade.

Barreiro tamén relaciona ese "nerviosismo" coas últimas informacións sobre adxudicacións de Augas de Galicia, cando era conselleiro, a unha das empresas investigadas por unha suposta fraude na concesión de obras da deputación.

O político popular negou tamén que o PP teña nada que ver con este proceso xudicial e coa investigación, polo que demandou a máxima "claridade" e "celeridade" nas investigacións. Verbo disto, insistiu en que isto se efectúe para que cando chegue a campaña electoral "os lucenses poidan confrontar os programas de cada unha das forzas políticas e poidan ver a solvencia de cada un dos candidatos".

Pola súa parte, o alcalde de Lugo, o socialista Xosé Clemente López Orozco, pediulles ós populares que non traten de lle botar culpas "a quen non as ten" e considerou "condenable" que se tente "culpabilizar" o PSOE polo feito de que no seu día denunciase publicamente supostas irregularidades no Servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo.

Orozco quixo deixar claro que ningunha das obras do Concello lucense que investiga a Fiscalía se refire á súa etapa como alcalde, e anunciou a intención de prestar "colaboración máxima" coa xustiza.

 

Apoio incondicional de Barreiro ó presidente provincial lucense

O presidente do PP de Lugo e vicepresidente do PP galego, Xosé Manuel Barreiro, non dubidou en darlle todo o seu apoio ó presidente da Deputación lucense, Francisco Cacharro Pardo.

Para Barreiro, Cacharro "é o responsable último do organismo, pero non dos supostos feitos delictuosos que poidan cometer uns funcionarios", polo que anunciou que o partido "non se vai mesturar", xa que a decisión de abandonar a presidencia do organismo provincial, "se existise, lle correspondería ó propio Cacharro".

Así, Barreiro non ve vinculación ningunha entre a operación Muralla e a "continuidade ou non" de Cacharro á fronte da Deputación. Non hai que esquecer que o propio Barreiro expresou as súas intencións de converterse no novo candidato popular ó ente. Neste sentido, negou calquera relación entre a operación xudicial aberta e a súa pugna con Cacharro pola candidatura á Deputación.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS