Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 891 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

Así o indicou a Concelleira de Cultura

A Semana Santa de Lugo consolídase ano tras ano como destino turístico

18.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada polo presidente da Xunta de Confrarías de Lugo,  Ramón Basanta, e o Vicepresidente Angel Díaz, presentaron o programa da Semana Santa lucense do 2010. Neste acto de presentación estivo tamén o autor do cartel anunciador, Eduardo Ochoa.
A Concelleira subliñou “o importante traballo que están a realizar as diferentes Confrarías da cidade e que deron un gran pulo á Semana Santa de Lugo”.  Burgo lembrou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que ano tras ano vaise incrementando o número de visitantes.
O Concello e a Xunta de Confrarías elaboraron unha guía bilingüe das procesións e un pequeno folleto co resumo dos actos relixiosos e culturais máis relevantes.
O pregón do mércores, 24 de marzo, a cargo do Birpo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, será a apertura oficial desta semana. O Círculo das Artes será o esceario deste acto, que terá lugar a partir das 20:30 horas. O grupo Schola Gregoriana Lucensis poñerá a banda sonora a este acto.
A Semana Santa de Lugo conta con elementos particulares como o Viacrucis pola Muralla, que este ano contará cun novo paso de Cristo crucificado levado por trinta mulleres.
Outra dos elementos característicos é a procesión da Virxe dos Dolores. Recuperado hai dous anos, este paso deixara de sair no 1967 por decisión da igrexa e que está considerada unha das máis antigas cun pasado máis aló do século XVII.

Segundo explicou Basanta, é moi importante tamén a afluencia de persoas á procesión da Última Cea, que ten lugar o Xoves Santo, e que é única na Cristiandade por ser Lugo a Cidade do Sacramento. Tamén a do Santo Enterro, pola súa singularidade e a do Domingo de Resurrección, protagonizada pola Virxe do Rosario, patroa do Concello.

Como en anteriores anos, estarán en Lugo a Marina, o Exército de Terra, a Policía Autonómica e a Policía Nacional.
Segundo informou o Presidente da Xunta de Confrarías, este evento supón a participación de entre 2.000 e 2.500 confrades.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS