Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 894 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

ALUSOR

O Servizo de intérprete de lingua de signos do Concello atendeu un total de 1164 prestacións

17.03.2010  O obxectivo é traballar pola eliminación de barreiras de comunicación para acadar a total integración das persoas con discapacidade sensorial

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Servizo de Intérprete de lingua de signos do Concello de Lugo e a Asociación lucense de Sordos (ALUSOR) atendeu no ano 2009 un total de 1.164 solicitudes. O mes que máis actividade tivo o servizo o ano pasado foi marzo con 158, seguido do mes de abril con 142 e xaneiro con 134.

En canto ao tipo de usuarios do servizo a maioría foron homes, máis dun 60%, e 22 entidades públicas ou privadas solicitaron un intérprete de lingua de signos ao longo do ano.

O Concello de Lugo e Alusor asinaron un convenio de colaboración para a creación deste servizo no 2007. O obxectivo é traballar pola eliminación das barreiras de comunicación como principal obstáculo para acadar a total integración, social e laboral, das persoas con discapacidade sensorial.

O servizo pódese solicitar a través dalgún dos seguintes medios que o Concello e Alusor poñen á disposición da cidadanía:

- A través do 010 (ou 982 297 350 se chaman de fóra de Lugo)
- A través do fax 982 297 349.
- Enviando un sms ao móbil 639107010
- Do mail 010@concellodelugo.org
- A través da páxina web do Concello www.lugo.es

Para poder prestar o servizo a solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 24 horas.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS