Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 28.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 920 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

Varias empresas da cidade colaboran co programa +XTÍ do Concello con ofertas para os socios e socias

05.03.2010  Os membros deste programa disfrutarán de descontos en partidas de bolos e entradas de cine

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello de Lugo continúa coas actividades de prevención de drogodependencias entre a mocidade lucense a través da campaña Sábados +XTI. O Concello acaba de chegar a un acordo con dúas empresas da cidade, Boleira Pleno e Cines As Termas, que ofertan descontos especiais para os socios do programa.

 

Os socios e socias dos Sábados +XTÍ poderán disfrutar xunto con catro acompañantes de partidas a 2`70 euros na Boleira Pleno. Esta oferta terá vixencia de luns a venres (excepto festivos) de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, domingos e festivos ata as 15:00 horas.


Outras ventaxas das que poden disfrutar os socios e socias na Boleira: 100 partidas completamente gratis que se entregarán na sesión do Programa Sábados +XTÍ a aqueles socios e socias que veñan acompañados de 2 novos socios ou socias. Cada socio terá dereito a unha partida e a convidar a outra partida aos novos membros. Os horarios para disfrutar destas partidas totalmente gratuitas son de luns a venres das 16:00 ás 21:00 horas (excepto festivos e vísperas de festivos)


No caso do cine As Termas oferta entradas a prezo reducido (5,10 euros película normal e 7,10 euros películas en 3D) para todas as sesións e todos os días da semana.


Outras ventaxas coas que contarán os membros do +XTÍ, serán 10 entradas completamente gratis que se entregarán os sábados entre os participantes asistentes ao Sábado +XTÍ. Ademais, un sábado ás 12:00 horas (cada 2 meses) haberá unha sesión completamente gratuita para todos os socios e socias do programa. A primeira sesión será o día 27 de marzo.


 

O programa

O obxectivo dos Sábados +XTÍ é evitar prácticas pouco saudables, así como a iniciación no consumo de alcol e tabaco promovendo actividades saudables e lúdicas que resulten atractivas para a mocidade nun espazo no que socializarse e no que non se asocie o uso das drogas coa diversión.


Entre as actividades hai concursos, desfiles, baile libre, maquillaxe, malabares, maxia, exhibicións, concertos, deseño de camisetas, cursos de baile, festas temáticas, clases de hip-hop, monólogos, chistes, tattoo de henna, etc. Actividades que resultan atractivas para os mozos e mozas da cidade coas que cubrirán as súas necesidades de relacionarse cos demais nun espazo saudable.


As actividades teñen lugar entre as 18:00 e as 22:00 horas todos os sábados de setembro de 2009 a maio de 2010, no local da Discoteca BOE, sito na rúa Otero Pedraio nº 20. O prezo da entrada é de 3 euros.


Para inscribirse nesta actividade, deben chamar ao teléfono de atención á cidadanía 010 (982 297 350 se chaman dende fóra de Lugo).


 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS