El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

2.500 estudantes farán a 'selectividade' en Santiago

A convocatoria de xuño terá lugar os vindeiros días 12, 13 e 14 / / O total de alumnos en Galicia ascende a 11.446

CHARO BARBA. SANTIAGO   | 07.06.2018 
A- A+

Os vindeiros días 12, 13 e 14 de xuño 2.470 estudantes están chamados a facer a selectividade no campus compostelán da Universidade de Santiago. No conxunto de Galicia son un total de 11.446 alumnos os que se examinarán a semana que vén da agora denominada EBAU (Evaluación de Bacharelato para o Acceso á Universidade).

As probas serán de mañá e tarde os dous primeiros días, mentres que o 14 de xuño rematan ás 14.30 e as cinco facultades que serán sede da EBAU son Ciencias Políticas e Sociais, Medicina, Dereito, Ciencias Económicas e Empresariais e Matemáticas.

O primeiro día os exames serán das materias comúns (Lingua castelá e Literatura II e Historia de España pola máña e Lingua Galega e Literatura II e Primeira Lingua Estranxeira II para a tarde), e para os dous seguintes quedan as materias troncais de modalidade e materias opcionais. 


PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS A publicación das notas provisionais na internet farase o vindeiro día 22 de xuño ás 20.00 horas, o 28 do mesmo mes publícanse as cualificacións despois da resolución das solicitudes de segunda corrección e das solicitudes de reclamación, e as cualificacións definitivas faranse públicas o día 4 de xullo a partir de 15.00 horas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt