Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

45 concellos comparten xa plans de promoción da fala

24.03.2011  Un dos obxectivos da Rede é o impulso á accións estables e continuadas de formación de adultos//Os materiais preparados por cada un dos integrantes quedan a disposición dos outros membros

2.4/5 [8 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Actividade realizada en Santiago polo programa Os Axóuxeres de fomento da lingua galega entre os nenos menores de tres anos
Actividade realizada en Santiago polo programa Os Axóuxeres de fomento da lingua galega entre os nenos menores de tres anos

A lei de 1997 que regula a Administración local de Galicia establece o galego como lingua propia das corporacións locais no exercicio da súa acción de goberno. Segundo prevé o texto, as convocatorias de sesións, as ordes do día, mocións, actas, notificacións, recursos e "todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega". Os municipios, recolle a lei do 97, poderán redactar os seus textos, "ademais, na outra lingua oficial, o castelán", e no seu traballo pola promoción da lingua propia da comunidade contarán co apoio da Xunta de Galicia, á que a lexislación fai responsable de impulsar "o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega".
En paralelo, a Lei de Normalización Lingüística, de 1983, sinala que "o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa Administración, da administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma", e atribúe ao Goberno da Xunta a responsabilidade sobre "a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega"; o asesoramento "á Administración e aos particulares", e a coordinación dos "servizos encamiñados a conseguir os obxectivos" de normalización lingüística.
No marco definido por ambas as leis naceu en setembro de 2010 a Rede de Dinamización Lingüística, co obxectivo de facilitar o traballo conxunto en materia de promoción do galego entre a Administración autonómica e a local para favorecer que as medidas de fomento da lingua acaden maior eficacia e repercusión na cidadanía.
Hoxe son xa 45 os municipios incorporados á rede, e nestes momentos, a Consellería de Educación, responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tramita un número importante de novas solicitudes de adhesión. De feito, a pertenza á Rede de Dinamización incorporouse como criterio de valoración na última conovocatoria de axudas para o fomento do galego dirixida aos municipios e feita a comezos deste mes, posibilitando que a petición de adhesión á Rede se solicite conxuntamente á solicitude das subvencións.
A Rede pretende mellorar os servizos de normalización que prestan os concellos e potenciar o uso do galego na administración local, nas súas relacións cos usuarios. A súa estrutura trata de optimizar os recursos dispoñibles sen restar competencias a ningunha das administracións implicadas, coa finalidade de compartir unha planificación lingüística e unhas estratexias básicas comúns para todo o territorio, facilitar o intercambio de experencias e a suma de esforzos e evitar duplicidades. Na mesma liña, a Rede fomenta a corresponsabilidade na promoción da lingua galega e reforza o contacto entre as distintas administracións implicadas.
O novo instrumento de coordinación pon a disposición de todos os seus membros os materiais de diferentes actividades de dinamización lingüística preparados por calquera das entidades integradas e permite a todas as partes traballar de acordo a uns criterios de avaliación unificados.
Entre os obxectivos estratéxicos da Rede de Dinamización Lingüística figura a promoción dunha acción continuada de formación en lingua galega para adultos, facendo fincapé naqueles colectivos específicos que se poidan determinar en cada zona e en cada momento concreto. Do mesmo xeito, os profesionais dos servizos lingüísticos das entidades locais e os restantes axentes que interveñen nos procesos de dinamización lingüística son tamén obxectivo das accións forma6tivas.
A Rede estrutúrase nun consello de membros, como órgano colexiado no que participan todos os integrantes e composto polas entidades locais adheridas e os representantes da Consellería de Educación; unha xunta directiva, encargada da dirección executiva; unha presidencia e unha vicepresidencia, unha coordinación técnica e máis unha área técnica. Ademais, e segundo recolle a orde de constitución, a Rede poderá crear as comisións de traballo ou os relatorios que sexan necesarios para o cumprimento dos seus fins.
A adhesión á Rede non ten custos para os municipios, e o financiamento da estrutura corre a cargo da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Para sumarse á iniciativa, os concellos deben seguir os pasos previstos na Orde do 14 de setembro de 2010, e presentar o modelo de solicitude de adhesión xunto a documentación pertinente.
Antes de entrar a formar parte da Rede de Dinamización Lingüística, cada municipio debe designar unha representación dos seus órganos de goberno, así como unha representación técnica, con cadansúa suplencia.

Las claves

Dinamización. A dinamización lingüística é o proceso de promoción da lingua que se leva a cabo mediante o emprego de todas as accións (formación, asesoramento, elaboración do corpus, sensibilización lingüística e extensión do uso) que poden contribuir á normalización da lingua, co obxectivo de incrementar a presenza social e o prestixio do idioma.
Servizo Lingüístico. As entidades locais contan con departamentos ténicos coa función de planificar, xestionar, executar e avaliar as medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, interna e externamente.
Coordinación. A Rede de Dinamización Lingüística ten por obxectivo optimizar esforzos e coordinar a acción das distintas entidades locais voluntariamente adheridas de acordo cunha estratexia e planficación común.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS