Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

Presidente do PP de Ourense

Baltar: "Feijóo non fixo por min o mesmo esforzo que por Jiménez"

01.02.2010  "O intelixente despois do congreso é aceptar a derrota" // "O galeguismo existe porque hai ourensanismo"

5.0/5 [3 Voto/s]

17
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

NATALIA RODRÍGUEZ • SANTIAGO

Baltar, o sábado, tras ser elegido presidente do PP de Ourense  FOTO: Efe
Baltar, o sábado, tras ser elegido presidente do PP de Ourense
FOTO: Efe

No seu perfil de Facebook José Manuel Baltar Blanco (Esgos, 1967) declárase admirador de Rafa Nadal, dos Beatles, do Starbucks e de Barack Obama. Quizais para non levantar suspicacias, entre os seus políticos favoritos non inclúe ningún galego, nin tampouco ningún español. Co 60,19% dos votos, o fillo de Baltar Pumar sucedeu ó sábado o pai como presidente do PP de Ourense. No día despois, insiste en que as feridas curan, e presume que gañou sen o apoio do aparato autonómico nin de membros do executivo. O seu pai, di, apoiouno só como un afiliado máis.

– A súa vitoria foi para algúns abrumadora, e para outros máis axustada do que se pensaba. ¿Como a califica vostede?

– Eu digo que falou a democracia, que falaron os compromisarios do PP de Ourense e dixeron por unha ampla maioría que eu tiña que dirixir o futuro do partido. A vitoria foi esmagadora.

– ¿Confiaba en obter un resultado máis abultado?

– A verdade é que os avais só indican unha tendencia. Eu esperaba unha vitoria.

– Que non coincidiran o número de avais co número de votos, significa que ó final houbo entre os seus máis desleais?

– Non... Os desleais son os que entregan as papeletas.

– Rueda reclamou intelixencia para interpretar os resultados.

– Imaxínome que esa intelixencia pídea para todos os afiliados, para min e para él mesmo. O intelixente agora é aceptar a vitoria.

– Foi un para Feijóo e Rajoy?
– Pois... non o creo. Con Rajoy non falei e Núñez dende o principio dixo que tiña todo o dereito do mundo a presentarme.

– Vostede tivo que competir con todo o aparato de Santiago.

– O que é certo é que Feijóo non fixo ese esforzo por min. En todos os actos de campaña estiven só eu, sen apoio dun delegado da Xunta ou dun portavoz do PPdeG. Quedou claro que máis importante que ter un cargo público é crer na proximidade das persoas e facer un bo traballo político, traballar, ter gañas...

– Pero vostede si contaba co apoio do seu pai.

– Eu contaba co apoio de José Luis Baltar, que é un afiliado do PP de Ourense que, como calquera outro, fixo a súa aposta. Tamén houbo deputados que apostaron polo outro candidato, e secretarios xerais, e directores xerais,... A verdade é que a lista de Jiménez estaba chea de cargos do Executivo autonómico acadados polo éxito electoral que traballamos, entre outros, dende Ourense.

– Pese os chamamentos á unidade, vostede non accedeu a integrar os desleais. Por que?

– Máis que desleais eu lles chamei incoherentes, porque primero amosaron o seu apoio e despois cambiaron. É xente que di unha cousa e fai a contraria, e como vostede se poderá imaxinar no meu comité executivo non pode haber este tipo de persoas. Hai moitísima xente no PP de Ourense, 25.000 afiliados, e eses 433 que votaron o meu rival non son superiores ós outros 24.000. A firmeza do meu proxecto radica en defender con contundencia as ideas nas que un cre, e a lealdade é basica.

– As feridas abertas son graves... Volvemos ós tempos das boinas e os barretes?

– En absoluto, en absoluto... É que do outro lado só hai excusas para xustificar a derrota.

– Dígame, realmente se pensou na escisión algunha vez?

– Non, para nada. Ese é un argumento que posiblemente propagou a outra parte nesa campaña mesmo mediática que houbo contra a miña candidatura. O tempo poñerá a cada quen no seu sitio e o PP de Ourense vai acabar sendo máis forte, máis grande, máis ambicioso, máis leal e máis potente. Verémolo nas municipais.

– Que lle diría agora os que insisten en que gañou polo seu pai...

– Que iso son excusas de mal perdedor. Eu era o candidato, eu teño discurso e eu formei libremente o meu equipo.

– E os que pensan que en Ourense mandan os caciques?

– Pois que se den unha volta por Ourense e que estean aquí unha temporadiña para comprobar que esta provincia ten unha porcentaxe de participación electoral altísima e que o PP de Ourense ten unha altísima implantación... Esa mala imaxe quizais sexa a que provocan comportamentos como os que tivo a outra candidatura.

– ¿Que lle dixo Feijóo onte?

– Deume os seus parabéns e... nada, o que dixo no seu discurso. Despois non tiven a oportunidade de volver falar con el.

– ¿Ten previsto algún encontro con él ou con Rueda?

– O que teño previsto xa hoxe é a primeira reunión do comité de dirección do partido no Barco. Salvo que reciba algunha invitación ou algunha chamada eu voume dedicar estes días a seguir estritamente o guión que fixen.

– Vostede antepón o ourensanismo por riba incluso do galeguismo.

– O galeguismo existe porque hai ourensanismo. Ninguén pode negar que Ourense foi o berce do pensamente político galeguista. O votante, o cidadán ourensán ten un acusado sentido de pertenza a Galicia, pero tamén unha identidade ourensán que ningúen nos pode quitar.

– ¿Ve na súa vitoria un repunte do galeguismo que algúns botan en falta no PPdeG?

– Iso son interpretacións que se están a facer, pero dende logo o meu proxecto político xira en torno a catro palabras: Ourense, galeguismo, persoas e equipo.

– ¿Falta galeguismo no PP?

– Non, en absoluto. O Partido Popular é un partido centrista, reformista e galeguista.

n nrodriguez@elcorreogallego.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS