Sábado 25.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
"Nunca se sabe o que pode pasar dentro dun mes: ao mellor Rajoy está daquela metido nun búnker en Santiago e o Goberno sitiado en Madrid polos movementos cívicos". Cun exercicio de política-ficción, ao estilo 'V de Vendetta', o líder de Anova evitou pronunciarse sobre un posible pacto con outras forzas políticas. Xosé Manuel Beiras non descarta sumar forzas con Compromiso por Galicia, Esquerda Unida ou mesmo Terra Galega. "Nós queremos sumar forzas contra as falcatruadas do PP, pero sempre con iniciativas que compartan o noso programa", indicou hoxe nunha rolda de prensa en Ferrol.
Pero Beiras recalca que "este tema debe ser debatido nas asambleas, eu podo ter unha opinión particular pero as asambleas son as que deciden". O líder de Anova-Irmandade Nacionalista considera que "ante a situación dun inimigo principal que actúa ferozmente necesitamos unidade de acción electoral, sempre que exista un programa común". Beiras non quere falar "de Terra Galega ou outras formacións, pero si hai partidos que apoian a autodeterminación dos pobos e actúan en consecuencia... non descartamos nada".
O líder nacionalista tamén amosou o seu rexeitamento da ubicación da planta de gas dentro da ría de Ferrol. E pediu o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo contraria a Reganosa.
