El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Case dúas décadas de artigos semanais en El Correo Gallego

Dous dos artigos remitidos por Fernández-Albor a El Correo Gallego para a súa publicación - FOTO: ECG
Dous dos artigos remitidos por Fernández-Albor a El Correo Gallego para a súa publicación - FOTO: ECG

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 12.07.2018 
A- A+

Se por algo se distinguiu Xerardo Fernández Albor é por ser unha persoa tremendamente respectuosa. Os medios de comunicación non foron unha excepción. Nunca agochou o cariño que lle tiña a El Correo Gallego, onde dende o 16 de abril do ano 2000 ata o 17 de xuño de 2018, publicou semanalmente un artigo de opinión baixo o epígrafe "Comentarios y recuerdos", artigos que recompilaron El Correo e Bolanda nun libro do mesmo título, publicado o pasado febreiro. Foron case 20 anos sen faltar á súa cita cos lectores. Uns textos que facía chegar á redacción manuscritos do seu puño e letra, e que constitúen un auténtico tesouro.