Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

usc

Os científicos esixen un Campus da Saúde para situar a Galicia na elite

17.05.2009  A vella Facultade de Medicina queda pequena e anticuada // E tamén lonxe do Clínico, o corazón do futuro Campus da Saúde // O proxecto segue sen acadar compromisos vitais de financiamento, pese a ser clave para impulsar a biomedicina, un eido estratéxico no que Santiago despunta

3.8/5 [8 Voto/s]

5
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I. CASAL • SANTIAGO

Entreplanta aproveitando a altura do teito para gañar espazo, no Departamento de Fisioloxía FOTO: Patricia Santos
Entreplanta aproveitando a altura do teito para gañar espazo, no Departamento de Fisioloxía
FOTO: Patricia Santos

Hai 38 anos Ángel Carracedo pisou por primeira vez como alumno a Facultade de Medicina, o edificio do núcleo histórico compostelán no que dende hai case un século estudaron a maioría dos médicos galegos. Dende aquela, di o catedrático de Medicina Legal, pouco cambiou. "O que pasa é que se foi aproveitando de forma inverosímil os espazos, facendo, como se di, majas arquitectónicas", explica o que é director dun dos grupos con máis proxección internacional da USC. Pero pese ás eivas do edificio, o proxecto da nova facultade, e do Campus da Saúde en conxunto, é "máis unha entelequia ca unha realidade", lamenta o decano de Medicina e Odontoloxía, José María Fraga Bermúdez, que recorda que no seu momento se comentou que estrearían sede nun 2010 á volta da esquina.

O motivo do atraso é a falta de cartos que, di a reitoría, debe achegar a Xunta no caso dos tres centros docentes proxectados (Medicina, Odontoloxía e Enfermería), que custarían polo menos 44,5 millóns de euros.

Carracedo sente afecto polo vello edificio, pero cre que é hora de que a facultade teña nova sede, remozada e, sobre todo, a carón do Clínico. O hospital é o corazón do Campus da Saúde, un proxecto que -resalta- ten como gran virtude permitirlles aos investigadores interactuar máis, nunha das áreas de máis caché na USC.

"Toda a biomedicina é un sector estratéxico de grande importancia na cidade, na investigación, na docencia e na asistencia. Hai moitos grupos de moitísimo nivel científico, e non só nos centros máis biomédicos -Medicina, Bioloxía e Farmacia-, tamén noutros como Química, Física, Matemáticas ou Psicoloxía, xunto todo cun hospital de primeiro nivel", subliña.

A calidade científica contrasta coas infraestruturas. Á parte do aulario a carón do hospital -estreado este curso, e que xa axuda a compaxinar as prácticas clínicas coa docencia teórica-, a única peza do Campus da Saúde que será unha realidade a curto prazo é o Centro de Investigacións Médicas (Cimus). As obras, financiadas sobre todo con fondos europeos Feder, están xa moi avanzadas e poderían estar rematadas este verán. O inmoble permitirá aliviar parte da conxestión nos espazos de investigación da facultade, aínda que polo de agora non se decidiu que equipos se mudarán.

O Citev, lento

O outro edificio de investigación definido é o Centro de Ciencias e Tecnoloxías da Vida (Citev), a primeira colaboración do CSIC cun campus galego. O protocolo de cooperación asinouse hai catro anos, e o CSIC garante fondos para as obras, pero pouco máis se sabe. "Sería importante que (estes centros) empezaran a funcionar cantos antes porque van lentos, e ademais habería que crear máis". É, apunta Carracedo, case unha cuestión de xustiza histórica, e sobre todo de propocionalidade co que se produce.

No seu caso concreto, espera paliar parte dos problemas do seu equipo en breve, grazas a ampliación do espazo da Fundación Pública de Medicina Xenómica no Clínico. Pero as perspectivas do Instituto de Medicina Legal son menos optimistas. "As instalacións son totalmente deficitarias. Unha institución tan emblemática tiña que ter unha sede digna, que debería estar situada no Campus da Saúde".

A realidade do Departamento de Fisioloxía non é mellor. "O problema de espazo é acuciante, e as instalacións quedaron desfasadas (...). O Campus non é só unha cuestión de comodidade, necesitamos unha serie de infraestruturas para facer investigación de certo nivel", responde Carlos Diéguez, catedrático de Fisioloxía e director doutro dos grupos de excelencia da USC.

Diéguez coincide ademais en sinalar "o concentrado" como un valor fundamental do proxecto: "Hai mostras que precisan ser analizadas de forma case inmediata e, polo tanto, non podemos andar movéndonos da facultade ao hospital. E outra cousa importante é a propia interacción entre os investigadores", di.

A seguridade laboral é outra urxencia que agarda a cura da nova facultade. "Deixa moito que desexar. Dígoo con coñecemento de causa, como responsable dun laboratorio. Tamén fan falta despachos; en Fisioloxía hai tres catedráticos metidos no mesmo cuarto", engade David Araúxo, médico no Clínico e vicedecano de Medicina de Odontoloxía.

Críticas do decanato

Na dirección do centro semella imperar a partes iguais o sentimento de urxencia do Campus da Saúde e o escepticismo sobre o seu futuro. "É que non hai ritmo", responde rotundo Araúxo. "Foi unha promesa electoral (do reitor) coas características habituais das promesas electorais".

"Non entendemos moi ben como hai recursos para construír edificios técnicos, museos e xardíns e non para as facultades de Medicina e Odontoloxía", sobe a intensidade das críticas José María Fraga Bermúdez, que tamén lembra que a operación Galeras lle xerou uns ingresos á USC que non reverteron en Medicina, que ocupaba parte do solar. "Ou se invisten recursos, ou sempre falaremos dunha especie de conto da leiteira", engade.

Cando e como chegarán os cartos segue sendo a grande incógnita, que terá que despexar a Xunta, en parte a través dos seus plans de financiamento universitario. Mais o único claro agora arredor de Medicina dende San Caetano é a querenza de Sanidade de crear polo menos outro título na Universidade da Coruña. "Iso é outro tema, pero se a universidade galega non ten recursos de abondo para dotar ben unha facultade de Medicina, mal vai telos para tres", responde o decano.

Enfermería, en Xoán XXIII, tamén agarda polo campus. "A escola é antiga e ademais o curso que vén empezaremos a impartir o grao de Enfermería, cun ano máis de duración. O aulario foi unha grande mellora, pero necesitamos a infraestrutura do Campus da Saúde", conclúe Mª Jesús Núñez, directora da escola.

. icasal@elcorreogallego.es

AS FRASES

Ángel Carracedo Catedrático de Medicina Legal

"As instalacións do Instituto de Medicina Legal son totalmente deficitarias. Debe ter sede no Campus da Saúde".

 

 

David Araúxo Médico no Clínico e vicedecano de Medicina e Odontoloxía

"A seguridade laboral deixa moito que desexar. Dígoo con coñecemento de causa, como responsable dun laboratorio".

 

 

María Jesús Núñez Directora da Escola de Enfermería

"O pavillón docente foi un alivio, pero co grao aumentaremos un curso e necesitamos a infraestrura do Campus".

 

 

Carlos Diéguez Catedrático de Fisioloxía

"É unha prioridade que os centros de investigación biomédica estean arredor do Clínico para aproveitar as sinerxias".

 

 

José María Fraga Bermúdez Decano de Medicina e Odontoloxía

"Prometeuse que en 2010 teriamos facultade, pero aínda nin sequera se fixo a de Odontoloxía nin a de Enfermería".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS