El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

O Claustro da USC dá luz verde ás liñas xerais de orzamento para 2018

Tamén sae adiante a actualización das liñas da programación plurianual da universidade // O profesor Miguel Alcaraz García continúa como valedor

O reitor Juan Viaño, de brazos cruzados, durante un momento no claustro na facultade de Medicina - FOTO: Antonio Hernández
O reitor Juan Viaño, de brazos cruzados, durante un momento no claustro na facultade de Medicina - FOTO: Antonio Hernández

SALOMÉ BARBA. SANTIAGO  | 03.11.2017 
A- A+

A reunión do claustro da Universidade de Santiago (USC), celebrada onte na facultade de Medicina, deu luz verde ás liñas xerais de orzamento da institución para o ano próximo, o 2018. Non son os orzamentos propiamente ditos, pero si un primeiro paso. Non é unha cuestión baladí, xa que como explicou o xerente da USC, José Manuel Villanueva, “o proceso de aprobación dos orzamentos empeza coa aprobación das liñas xerais”.
Na votación realizada, unha vez desbotadas as tres emendas presentadas á totalidade das liñas xerais –90 votos a favor do texto, 75 a favor das emendas e 6 en branco– gran parte das outras emendas xa estaban aceptadas de antemán. A votación final do texto das liñas xerais de orzamento de 2018 foi 92 a favor, 53 en contra e 2 en branco.
Tal e como se explicou onte, aínda que neste momento non dispoñen de todos os datos do marco orzamentario determinado polo Estado e a Xunta, a universidade ten a necesidade de aprobar en prazo os seus orzamentos a causa das esixencias do Plan Económico Financeiro de requilibrio da institución compostelá. Polo tanto, co proxecto de orzamentos da Xunta, aprobado o 19 de outubro, a USC pretende aprobar en prazo, é dicir, antes do 31 de decembro de 2017, os seus orzamentos para 2018.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt