Noticia 1 de 1
Galicia
| galicia@elcorreogallego.es |
RSS
en contra da suba de taxas
Compromiso por Galicia realizará hoxe "reparticións masivas" de información en peaxes da AP-9
SANTIAGO DE COMPOSTELA. E.P. | 08.08.2012
A organización nacionalista galleguista Compromiso por Galicia realizará este mércores unha acción informativa con "reparticións masivas" en peaxes da autoestrada AP-9, en contra da suba de taxas.
Baixo o lema 'Suba da peaxe da AP-9: Hai outras solucións!", esta organización desenvolverá esta acción convencida de que a suba de peaxes da "principal arteria" de comunicación do país é "lesiva" para as rendas máis baixas e especialmente prexudicial para os emprendedores, empresarios e o sector do turismo.
Así mesmo, Compromiso advirte de que esta medida terá consecuencias inmediatas de "menos consumo, máis desemprego e máis recesión económica".
Por iso, a formación coordinada por Xoán Bascuas propón, entre outras medidas, a "derrogación inmediata" desta suba, ademais da eliminación da bonificación do 95 por cento do IBI á concesionaria para que as arcas públicas poidan recadar uns cinco millóns de euros.
© 2013 www.elcorreogallego.es ISSN:1579-1572
Todos los derechos reservados. Prohibida la
reproducción parcial o total del contenido sin la
expresa autorización del propietario.