Lunes 01.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

o correo da universidade

Os coñecementos non sobran

09.12.2009 ¿Están os estudos universitarios demasiado afastados do mundo laboral? ·· Os ex alumnos do SUG desmenten o tópico: Sete de cada dez consideran que o aprendido na carreira lles é bastante ou moi útil no traballo ·· O 72% considérase moi valorado no posto que ocupa

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O. C. • SANTIAGO

Randstad Soluciones

Alumnado da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, realizando prácticas nas instalacións do centro
Alumnado da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, realizando prácticas nas instalacións do centro

A universidade busca coa inmersión no Espazo Europeo de Educación Superior non só adoptar unha estrutura de estudos compartida por máis de 40 países. O proceso estase a aproveitar tamén para adecuar mellor a súa oferta ás necesidades do mercado laboral, pero o punto de partida non é tan cru como dan a entender os tópicos sobre a fractura entre mercado e unha universidade demasiado teórica e centrada en coñecementos que non se chegan a aplicar. Polo menos iso é o que parecen pensar os últimos titulados polo Sistema Universitario Galego (SUG): sete de cada dez consideran os coñecementos adquiridos durante o título bastante ou moi útiles no seu posto de traballo.

Esta é unha das conclusións do último Estudo da inserción laboral dos titulados no SUG 2005-2006, que acaba de presentar a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug). O informe trata de facer unha radiografía exhaustiva da realidade laboral que atopan os titulados polas tres universidades galegas, co propósito de detectar puntos fortes e febles e contribuír a corrixir estes últimos no futuro.

A percepción da utilidade dos coñecementos adquiridos durante os títulos non é a mesma para todas as ramas de coñecemento. Os titulados en artes e a humanidades, excepto as filoloxías, son os que presentan u­nha porcentaxe inferior, cun 60% de valoración alta. Porén, o dato é diferente ao do anterior estudo (do período 2003-2005), no que as proporcións máis baixas se atopaban nas ramas de enxeñería e arquitectura e os estudos de economía e empresariais.

A consideración que os titulados teñen por parte da empresa na que traballan, a súa integración nela, pode incidir de maneira directa sobre a satisfacción co posto de traballo. E de maneira global, a gran maioría dos egresados das universidades galegas síntense moi valorados nos seus postos de traballo. De novo arredor de sete de cada dez (o 72%) escolle esta resposta. A satisfacción máis alta dase na rama de artes e as humanidades, sen contar filoloxía, cun 85,7%.

Por enriba da media española

Todos estes datos poderían explicar a alta porcentaxe de titulados que, volvendo a vista atrás, volverían escoller o mesmo camiño que emprenderon ao matricularse nunha carreira. O 61% decantaríase exactamente polo mesmo itinerario, co mesmo título e na mesma institución. A proporción é superior á da media de toda España achegada polo estudo Reflex da Axencia Nacional de Avaliación e Acreditación (Aneca).

. galicia@elcorreogallego.es

Cerca da casa

A maioría queda dentro de Galicia

A zona xeográfica é sen dúbida o aspecto do traballo co que os titulados dos campus galegos están máis satisfeitos. Segundo o último informe concluído da ACSUG, un 77,89% está contento co lugar no que traballa, unha porcentaxe que se eleva ata o 84,75% no caso dos egresados de ciencias da saúde. Esta alta satisfacción débese a que a maioría queda a traballar en Galicia (ver gráfico).

No momento no que se fixo a enquisa, a maioría, o 70%, estaba traballando, e tardou pouco máis de cinco meses de media en atopar o seu primeiro posto. Segundo responderon os máis de 5.300 consultados (o 52% dos egresados no curso 2005-2006), o empregador valorou sobre todo a súa disposición á mobilidade xeográfica, a actitude amosada durante a entrevista e súa experiencia laboral previa, de aí tamén que os ex estudantes valoren moi positivamente a experiencia das prácticas nas empresas .

 

OS APUNTES

Unha mostra de máis do 50 por cento

·· No curso 2005-2006 tituláronse polas tres universidades galegas 10.280 persoas. Máis da metade, 5.362, participaron en maio de 2008 no último informe concluído da Acsug sobre inserción laboral, a través de entrevistas telefónicas.

Unha radiografía ao servizo da mellora

·· Os informes da ACSUG sobre a inserción dos titulados galegos no mercado laboral tratan de realizar unha radiografía da universidade dende o seu punto de vista, detectando necesidades formativas e organizativas e contribuíndo á mellora .

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS