Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

a pousada no camiño

Ensinanzas do 'Alakrana'

25.11.2009 

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA ABOGADO

O Alakrana chegou a bo porto e o patrón Blach e máis os outros sete compatriotas galegos están xa salvos, canda os seus outros vinte e oito compañeiros. É o tempo do reencontro coas súas familias, que asumiron en xeral un rol maduro e protagónico na xestión da crise. Mais todos podemos tirar importantes ensinanzas desta andaina:

1.- A principal función dun Estado non é garantir un indeterminado prestixio exterior, senón garantir a vida dos cidadáns. Abriuse unha fenda, quizais irreversíbel respecto da vixencia absoluta do axioma "o Estado non negocia á chantaxe", que presidiu as crises dos secuestros dos atletas xudeus en Múnic (1972), de Aldo Moro (1976) e do propio Miguel A. Blanco (1997). 2.- Os gobernos respondeu en relación directa á mobilización social e cidadá exercida. O Goberno do Estado xestionou a crise dun xeito manifestamente mellorábel e só concretou as súas accións cando as familias adoptaron unha actitude madura, de esixencia ao poder e de apertura á sociedade para demandar a súa solidariedade. As demostracións de Bermeo e Vigo amosaron a sensibilidade cidadá diante da crise e centraron de vez a acción gobernamental.

3.- O Estado é pequeno de máis para as cuestións militares e de política exterior. Precisamos xa dun Exército europeo e dunha política exterior europea. Xa sabiamos que o Estado era grande e ineficaz de máis para as políticas educativa, sanitaria e sociais e para as políticas de fomento empresarial. Agora sabemos tamén que as políticas militar e exterior lle quedan grandes. Europa (e con ela Galicia) só será respectada internacionalmente se lle dá pulo a esa estrutura militar común e implementa unha política exterior activa. Unha vez máis, a fórmula axeitada é máis Galicia, menos España e máis Europa. 4.- Na Europa e na España actuais segue sen existir sensibilidade marítima e pesqueira. Galiza e Euskadi son excepcionais neste sentido, polo peso relativo que ten o complexo mar-industria en cadansúas economías. Esta vocación pesqueira e, mais xeralmente, marítima ten de seguir a definir a nosa estrutura económica. É inadmisíbel esa teoría madrileña segundo a que "pescar atún no Índico sae caro de máis". 5.- A Xunta e o Goberno vasco haberían de participar no comité gobernamental xestor da crise. Segundo o Estatuto de Galicia, a actuación da Xunta ten o seu sentido na defensa da identidade e intereses deste País. Ben estivo o interese do presidente Feijóo por partillar a xestión da crise. De seguro que agora se decata da importancia de mellorar o marco xurídico-político do autogoberno e do seu gravísimo erro ao frustrar, vai xa para tres anos, a aprobación dun novo Estatuto que cumprise esa función histórica.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS