El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Os Erasmus galegos xa poden pedir as axudas deste curso

O DOG publica a nova convocatoria // Aumenta o orzamento total e individual

Participantes este curso no International Day da USC, con estudantes de fóra
Participantes este curso no International Day da USC, con estudantes de fóra

SALOMÉ BARBA. SANTIAGO   | 03.01.2018 
A- A+

A Xunta de Galicia acaba de publicar a convocatoria deste curso para as axudas complementarias no programa de intercambio universitario. Estas bolsas están destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG), que durante o curso 2017/18 participa no Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus +.

As principais novidades desta convocatoria é o incremento de orzamento total, que crece en 100.000 euros, chegando ata un millón e medio de euros totais; e, en segundo lugar, o feito de que este curso cada mozo beneficiario da axuda como mínimo cobrará 125 euros en lugar dos 105 do ano pasado.

Para este fin, a Consellería de Educación habilitou 1,5 millóns de euros, tal e como figura no Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte, onde se publica a orde da convocatoria e entra en vigor hoxe mesmo. Así mesmo, igual que pasou o curso pasado, se incrementa a contía da axuda, de tal forma que o mínimo ao mes pasa de 105 aos 125 euros, a axuda intermedia de 145 a 165 e a máxima se eleva de 175 a 195 euros, en función dos países de destino. Así mesmo esta convocatoria contempla axudas para estancias de ata 9 meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a 7 meses de duración.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt