El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Escritora

Érica Esmorís: “Dos escritores dependerá que os nenos amen a lectura”

{ A Coruña 1977 } Entre as novidades editoriais de setembro chegou ás librarías A nena e o mar, premio Merlín de Xerais do 2015. Cunha sólida bagaxe como productora audiovisual a súa autora, Érica Esmorís, tiña publicados ata o momento dous libros con Sushi Books que non deixan de coseitar éxitos entre os lectores máis pequenos.

Érica Esmorís, escritora - FOTO: N. Corsino
Érica Esmorís, escritora - FOTO: N. Corsino

ISABEL BLANCO. SANTIAGO  | 08.12.2015 
A- A+

A nena e o mar é un libro para nenos que tamén aborda unha cuestión social moi actual, o envellecemento da poboación, podería, por tanto, resultar atractivo tamén para os lectores adultos?

Si, xa que é unha historia cunha dobre lectura, é dicir, ten unha vertente de aventuras, atractiva para o público infantil, pero tamén ten unha parte reflexiva que afonda no pasado das personaxes. Tanto é así que cando rematei de escribilo dubidaba se era un libro para nenos ou para adultos e agora as críticas que recibo fan fincapé en que gusta moito aos maiores.

O obxectivo da obra é por en alza o valor dos nenos e da súa particular visión da vida?

O libro dirixese a nenos e, por tanto, é ante todo de entretemento, cunha protagonista moi distinta ás que estamos acostumados, posto que é moi valente e moi idependente. A búsqueda do pai desta nena consolida a trama principal á que se suman as subtramas, máis profundas, dos anciáns que viven na vila mariñeira de Porto Balea e que son incapaces de mirar cara adiante e deixar atrás as frustracións do pasado. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt