Jueves 18.03.2010  | Actualizado 01.28      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

balance

Feijóo: "A derrogación do decreto do galego xa non ten volta atrás"

03.08.2009 Cumpridos os primeiros cen días de goberno, o presidente da Xunta asume a súa política lingüística como un "compromiso electoral" irrenunciable

1.6/5 [14 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.R. (AGN) • SANTIAGO

Randstad Soluciones

O xefe do Executivo galego mantense inamovible nas directrices sobre o galego a pesar das numerosas críticas que está a recibir FOTO: Pepe  Ferrín (AGN)
O xefe do Executivo galego mantense inamovible nas directrices sobre o galego a pesar das numerosas críticas que está a recibir
FOTO: Pepe Ferrín (AGN)

Avoga por "sacar fortaleza das debilidades" pese a que "en Galicia non hai ningunha boa noticia". Sobre o decreto do galego, é rotundo: é un compromiso electoral e a derrogación "non ten volta atrás". Alberto Núñez Feijóo cumpriu os seus 100 primeiros días á fronte do Goberno galego e defende a súa xestión sexa como sexa.

- Ser presidente da Xunta é máis esgotador do que pensaba?

- Ser presidente da Xunta de Galicia é a maior honra que pode ter un galego. É traballar e estar 24 horas a disposición de Galicia. A min gústame.

-Antes de tomar posesión confiaba en non atopar moitas «sorpresas desagradables» en San Caetano...

-Atopamos algunhas cuestións, pero despois das primeiras semanas hai que mirar para diante. A situación económica fai que nos centremos nos problemas que hai enriba da mesa.

-Nese contexto económico, os cambios previstos, por exemplo coas galescolas, non xeran gastos que van en contra da política de austeridade que pregoan?

-Non imos cambiar nada de roupas nin de mandilóns con bandeiriñas; imos manter os soportes das galescolas como están e o único que imos poñer é ‘escola infantil’ onde pon galescola. Punto. Nada máis.

-Vostede dixo que a alta participación na consulta ós pais sobre o galego revelaba a súa aceptación. Cre que un 57% é realmente unha alta participación?

-Home, é unha participación moi similar a moitas contendas electorais.

-Seguirán adiante coa derrogación do decreto?

-Aprioristicamente, non teño nada máis que cumprir o Estatuto, a Constitución, e todo isto interpretalo no contexto da opinión dos pais. Eu estou aberto a todas as posibilidades, sempre que sexan legais.

-A oposición acúsaos de tentar adiar un problema do que non saben como saír...

- A derrogación do decreto non ten marcha atrás. É un compromiso electoral referendado nas urnas. Teño un compromiso e no que vou cumprir. O que si me gustaría, e para iso facemos a enquisa, é acertar.

-Pero antes afirmaba estar aberto a todas as posibilidades...

-Referíame a que estamos abertos a que no novo decreto haxa unha política similar á anterior. A derrogación é unha das razóns polas que se votou o PP,

 

'' PRESUPOSTOS 2010

-Tras o verán hai que perfilar os orzamentos do 2010. Con que perspectivas se preparan?

-Temos un problema. Estamos a ser advertidos polo Goberno da caída brusca dos ingresos e, polo tanto, da caída brusca das posibilidades de ter un presuposto de incremento en 2010. Levamos tres anos seguidos cunha baixada de ingresos do Estado que prexudica claramente os presupostos

-Aínda que a conselleira de Facenda afirmou que ela non é partidaria, estudan a posibilidade de incorrer en déficit?

-O déficit para investimentos é unha cuestión opinable que non se debe de satanizar nun momento de recesión, pero o déficit do gasto corrente para o aparato burocrático e administrativo é moi mala decisión económica.

-Querería este goberno ser o impulsor dunha fusión de caixas?

-Agora estamos falando de dúas entidades, as dúas importantes. Polo tanto, o mellor que se pode facer agora é traballar moito e falar pouco, polo menos durante o outono .

As frases

"Non teño máis que cumprir o Estatuto e a Constitución, e todo iso interpretalo no contexto da opinión dos pais. Estou aberto a todas as posibilidades legais"

"Non hai que satanizar o déficit"

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS