El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Ferido un motorista ao chocar cun vehículo en Cospeito

SANTIAGO E.P.  | 13.09.2017 
A- A+

Un motorista resultou ferido ao chocar contra un vehículo no quilómetro 12 da LU-11, ao seu paso polo municipio lucense de Cospeito. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 7,00 horas e, debido ao impacto, o motorista necesitou recibir asistencia sanitaria. Tras recibir o aviso, os profesionais do CIAE informaron ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, os axentes de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e o servizo de mantemento da estrada foron informados o accidente polo 112 Galicia.