Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ferrolterra, 1918: o motín das mulleres

Preparan en Narón o aniversario da Revolta das Pedradas, revolución campesiña, obreira e sobre todo feminina // Nove mortes na loita contra a fame

Un motín de mulleres agardaba polo tren de Mugardos aquel 13 de marzo de 1918. A Primeira Guerra Mundial esmorecía en Europa, os bolcheviches collían forza en Rusia e Ferrolterra vivía a súa propia revolución. Fartos da fame e do maltrato, os campesiños e traballadores do noroeste galego viviron a súa Revolta das Pedradas: cun carácter marcadamente feminino. En Maniños, 500 mulleres asaltaron o tren de Mugardos para levar sacos de fariña e outras mercadorías. Elas organizaban as comisións de loita e presidían as manifestacións co berro “Temos fame!”, cos seus fillos da man. Pero ese 13 de marzo tamén sufriu tintes de sangue, cando sete persoas foron asasinadas nun encontro coa Garda Civil na Feira do 13 (en Sedes, Narón). O municipio naronés padeceu o maior ímpetu da revolta, e acollerá en maio do vindeiro ano unha homenaxe aos falecidos cando defendían os seus dereitos.
A iniciativa partiu do BNG, que traballa na comisión organizadora e pide a participación do concello. Ánxel Rial, responsable do BNG de Narón e membro da organización, recalca que “o suceso acabou con nove mortos, entre eles un neno de 12 anos, con decreto de estado de guerra, cortes dos subministros en Ferrol, folgas xerais e paros nos estaleiros”. Algún xornal da época chega a falar de ata dez mortos, e as hemerotecas inciden na forza feminina da revolta.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

18 mar 2017 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito