Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

firma invitada

Por fortuna, Galiza

30.12.2008 

2.5/5 [19 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

NÉSTOR REGO PROFESOR

Non nos tocou a lotaría. Seica en Allariz, parte do primeiro premio? O caso é ter saúde! Por uns días xogamos coa ilusión dun golpe de sorte que nos cambiase a vida. E a ilusión non é má. É mesmo necesaria. Pero ao final, o noso futuro vai depender do traballo que desenvolvemos día a día e non dos caprichos da fortuna.

E agora, en tempos de crise, que ben viñan eses cartos! Algo sempre toca. O Goberno do Estado abriu a caixa e repartiu entre os concellos galegos 490 millóns de euros. É a parte que lle tocou a Galiza dos fondos para desenvolver proxectos que creen emprego e axuden a saír da crise. Claro que, para o común dos mortais, é difícil de entender por que é posíbel facelo agora, cando xa non queda outra, e non antes da desfeita, renunciando ao dogma do déficit cero e propiciando un maior grao de desenvolvemento económico e de benestar que nos servise de escudo en situacións coma esta.

Nisto o país funciona como calquera familia: acabamos pagando máis do que recuperamos. Podemos, polo tanto, asumir que non somos quen por nós mesmos de saírmos adiante e agardar pola fortuna, ou podemos poñernos a traballar para construírmos o noso futuro. Por exemplo aproveitando acaidamente as nosas potencialidades: a capacidade de produción agrogandeira, na construción naval ou na cultura. A posibilidade de producirmos enerxía limpa, como a eólica. Ou impulsando un programa de vivenda protexida como nunca antes tivo Galiza. Ou dotándonos de instrumentos acaídos para promover o noso desenvolvemento, como un instituto público de crédito. Apostando, en definitiva, por crear o marco adecuado para que o proxecto de país poida seguir medrando e avanzando en benestar e autogoberno: un novo Estatuto de nación.

Facer avanzar un país implica ideas claras, decisións firmes e, sobre todo, vontade de responsabilizarse do propio futuro. Claro que sempre hai quen diga que non, e prefira manterse na mentalidade de país subsidiado, agardando a pedrea.

Por fortuna axiña teremos a oportunidade de decidir se seguimos a confiar na lotaría ou queremos de verdade coller o futuro do País nas nosas mans.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS