Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

EN CONTRA

O galego non ten medo

25.11.2008 

3.4/5 [27 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FRAN REI RESPONSÁBEL DAS MOCIDADES DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A historia dinos que nunca os (poucos ou moitos) avances que experimentou a lingua galega ao longo das últimas décadas foron froito da casualidade ou da ciencia infusa.

Anos de reivindicacións, de presión cívica exercida polos sectores máis comprometidos da nosa sociedade, conseguiron a oficialidade do idioma ou a súa presenza no ensino; e non soamente como unha materia obrigatoria máis. Neste proceso, a xente nova ocupou sempre un papel relevante: unha mobilización estudantil conseguiu en 2004 que a inspección educativa comezase a facer o seu traballo cos centros que non cumprían a legalidade; e hai dous anos, unha folga tivo como resultado que ás poucas semanas a Consellaría de Laura Sánchez Piñón anunciase a elaboración dun novo decreto, o que está en vigor.

Este próximo 26 de ­novembro o alumnado de ensino medio, de 3º da ESO en adiante, está chamado a unha folga cuxo lema é Paremos as agresións contra o galego. Convocada polas Mocidades da Mesa e co apoio de Galiza Nova e dos Comités estudantís, quere parar as aulas para denunciar a "parálise" que invadiu xa desde o curso pasado os responsábeis da Consellaría de Educación; parálise, desleixo, pasotismo da administración á hora de aplicar e desenvolver as leis que eles mesmos elaboraron.

Non se coñecen datos nin avaliacións oficiais, logo dificilmente poden corrixirse as eivas se estas aínda nin se detectaron. Vemos, como a xeito de flashback, entidades que non son as responsábeis nin das políticas lingüísticas nin das educativas teñen que suplir o que a administración non fai. Grazas ao seu encomiábel esforzo sabemos o que quizá non se queira recoñecer: que nunha comarca como a de Vigo, 3 de cada 4 centros non cumpren a lexislación; ou que nun 30% dos centros de infantil non se dá nin sequera en galego unha hora semanal. "O galego non ten medo", di o himno do Correlingua. Non estamos en maio, porén este 26 será un bo día para volvérmolo berrar.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS