Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

unha visión máis alá de rosa díez

Galegos: "Habelos, hailos"

02.03.2010  Etnógrafos ingleses e norteamericanos nos definen como "minoría celta dunha remota zona española" // Segundo as webs anglosaxonas, usamos gaitas e portamos amuletos

3.9/5 [12 Voto/s]

12
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

PATRICIA HERMIDA• FERROL

‘Typical’ gaiteiro de Betanzos en 1926. ¿Así nos ven en EEUU?
‘Typical’ gaiteiro de Betanzos en 1926. ¿Así nos ven en EEUU?

Adiviña, adiviñanza. Garda no peto allos contra os vampiros, no pescozo colga un amuleto contra o mal de ollo e ás costas porta un zurrón cheo de queixo e pan contra a fame. ¿Un británico cruzando a Transilvania do século XIX? Non: un forasteiro no Camiño de Santiago asesorado polas webs anglosaxonas. Porque máis alá do fenómeno Rosa Díez, a inventora do "galego no sentido pexorativo do termo", reluce o descoñecemento sobre a terra da festa rachada. Etnógrafos ingleses e norteamericanos definen ós galegos como "minoría celta dunha remota zona española". ¡Tócalle o sacho!

Un arquivo internauta como o de Faqs, que resposta ás preguntas máis frecuentes, regala esta perla no seu World Directory of Minorities: "Galicia está ocupada por celtas, que usan gaitas como os escoceses e no colexio aprenden poesía". A web define o noso territorio como "un dos máis pobres de España, a maioría dos homes vense obrigados a emigrar". Outras páxinas relatan historias en inglés para non durmir: "Dende os anos 80, houbo un bum nos prezos urbanísticos da costa". A web Faqs chega a compararnos con Irlanda: "A política é conservadora, aínda que cunha parte separatista e mesmo grupos que cometen actos violentos". Remata o conto dicindo que "as autoridades non aceptaron unha campaña para restaurar o galego como idioma respetado". ¡Mimá!

Seguro que Rosa Díez ten pesadelos estes días con muiñeiras e queimadas. O BNG acaba de pedir a súa reprobación no Parlamento de Galicia tralas polémicas declaracións da política sobre os galegos. Poida que a líder de UPyD aplaudise a seguinte definición do idioma galego en thefreedictionary.com: "The Portuguese dialect spoken in Galicia". Menos mal que Travelsignpost, célebre enlace de viaxes, conmemora a nosa gastronomía. Recomenda o noso lacón con grelos, descrito como unha bandexa de porco curado rodeado dunha ristra de chourizos.

Máis simpática é a percepción ofrecida por Everyculture.com, enciclopedia etnográfica do planeta Terra. Descendemos da segunda oleada da invasión celta en España. E hai "máis galegos en Argentina que na propia Galicia". ¡Así andan os políticos co voto emigrante! Everyculture.com tamén adica un espazo á lenda negra: "Dende os Reis Católicos, Galicia é unha das zonas máis empobrecidas do Noroeste". Segundo semellantes versión, ás mulleres só nos falta voar en escobas. Esta enciclopedia sinala que "os galegos (galicians) conviven entre supersticións e catolicismo". Atención á nosa indumentaria: levamos amuletos e realizamos rituais contra o mal de ollo (evil eye). Como non, temos citas coas meigas e as barajeiras para recibir pócimas de amor e saúde. Everyculture mesmo se torna bilingüe e recupera os nosos mellores ditos populares: "Eu non creo nas bruxas, pero habel-as hainas! I don´t believe in witches, but they exist!"(textualmente, en galego e inglés). Investigacións realizadas por Dana Facanos, Keith Lye ou Adrian Schubert sacan conclusións inimaxinables. Celebramos vodas e bautizos como símbolos de "ostentación e estatus". Usamos un "special term called morriña". E imos a peregrinaxes chamadas "romer'as". É dicir: vivimos nunha peli de Kusturika.

. phermida@elcorreogallego.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS