El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Os galegos retiraron máis de 10.000 receitas noutra comunidade no ano 2017

Xa son catorce as autonomías con prescrición electrónica interoperable // Ademais, as farmacias de Galicia dispensaron máis de 24.000 produtos a pacientes de fóra

No 2017 as farmacias galegas dispensaron 24.348 produtos ou medicamentos prescritos noutras comunidades - FOTO: Efe
No 2017 as farmacias galegas dispensaron 24.348 produtos ou medicamentos prescritos noutras comunidades - FOTO: Efe

CLARA ESPIÑO. SANTIAGO   | 04.01.2018 
A- A+

A receita electrónica do Sistema Galego de Saúde funciona xa en catorce comunidades autónomas (CCAA), según anunciou onte o Ministerio de Sanidad. Sen embargo, este sistema non é novo para os galegos xa que en Galicia a interoperabilidade da e-receita está en servizo desde marzo do 2017. É dicir, cada cidadán galego coa súa tarxeta sanitaria pode recoller desde hai meses a súa medicación prescrita polo seu médico en calquera farmacia das comunidades onde tamén funciona o servizo.

De feito, desde marzo ata decembro do 2017 os galegos retiraron un total de 10.029 receitas de oficinas de farmacia fóra de Galicia, e, pola súa banda, as boticas galegas realizaron 24.348 dispensacións de produtos ou medicacións prescrita por facultativos doutras comunidades autónomas, según os datos aportados pola Consellería de Sanidade.

A e-receita interoperativa era posible entre nove comunidades, Galicia, Castela-A Mancha, Canarias, Estremadura, Aragón, Comunidade Valenciana, A Rioxa, Castela e León e Navarra, pero desde onte sumáronse cinco máis. Son Asturias, Cantabria, Cataluña, Murcia e País Vasco. Quedan sen incorporarse a este servizo do Sistema Nacional de Salud (SNS) Madrid, Andalucía, Baleares, Ceuta e Melilla.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt