El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Galicia camiña cara unha economía máis verde coa aposta polas enerxías renovables e a eficiencia

O uso de enerxías limpas polas empresas e os particulares contribúe a reducir o impacto ambiental// O impulso á biomasa permite alcanzar un maior desenvolvemento no rural e crear emprego de calidade

Instalación de enerxía solar fotovoltaica nunha industria galega - FOTO: EDF
Instalación de enerxía solar fotovoltaica nunha industria galega - FOTO: EDF

MARÍA MARTÍNEZ SANTIAGO   | 11.11.2017 
A- A+

Galicia segue firme na súa aposta por unha economía verde, respectuosa co medio ambiente e que aproveite e impulse os recursos naturais. Este compromiso coas enerxías renovables e a eficiencia enerxética é a base que permitirá á comunidade cumprir cos acordos de París. Con este obxectivo, a Administración galega conta cun amplo abano de programas e liñas de axudas para a incorporación das fontes de enerxía renovables ao día a día de todos os galegos, tanto dos cidadáns, como das empresas e administracións. Así, unha das medidas que pretende impulsar o uso destes recursos é unha convocatoria dirixida tanto a particulares, como empresas e administracións para desenvolver proxectos que teñan por obxectivo crear, mellorar ou ampliar instalacións de bombas de calor (xeotermia e aerotermia) ou solares térmicas e que nos dous últimos anos permitiu levar a cabo preto de 500 proxectos.

Da convocatoria deste ano beneficiáronse 379 familias, 37 pemes e 22 administracións galegas, todas elas de ámbitos rurais, xa que os apoios están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). En total, a Adminsitración galega achegará 1,95 millóns de euros para realizar estes proxectos que permitirán unha redución de emisións de CO2 equivalente a acción de máis de 50.000 árbores.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt