El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

EN RADIO OBRADOIRO

“Galicia podería perder 800.000 habitantes en vinte anos se non cambian as circunstancias”

O profesor de Xeografía Humana da USC, Carlos Ferrás, sostén que a crise económica e a "expulsión de xente nova ao extranxeiro" son claves da "grave" crise demográfica // A nosa comunidade situouse como a autonomía con peor saldo vexetativo en 2012 ao computar un total de 10.048 defuncións máis que nacementos

Carlos Ferrás - FOTO: ECG
Carlos Ferrás - FOTO: ECG

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Carlos Ferrás, profesor de Xeografía Humana na USC


SANTIAGO. RO  | 19.06.2013 
A- A+

A baixada demográfica empeora en Galicia, que rexistrou no pasado ano unha nova redución do 2,2 por cento do número de nacementos e situouse como a comunidade española con peor saldo vexetativo en 2012 ao computar un total de 10.048 defuncións máis que nacementos, a maior diferenza do conxunto de autonomías, seguida por Castela e León.

 

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia computou en 2012 un total de 21.113 nacementos fronte a 31.161 defuncións. Ademais, a esperanza de vida dos cidadáns ao nacer reduciuse "lixeiramente" até os 82,2 anos.

 

Carlos Ferrás, profesor de Xeografía Humana na USC, analizou en Radio Obradoiro estes datos que, recoñeceu, “son moi alarmantes”. Non son, sen embargo, sorprendentes porque “dan fundamento ás previsións que tiñamos sobre o negro futuro demográfico do país. Os organismos oficiais estatísticos pronostican que nun prazo de 20 anos Galicia podería perder 800.000 habitantes, se non cambian de circunstancias”.

 

O profesor ve como un dos factores do baixón demográfico á situacion económica. “Hai que ter en conta que Galicia foi un país de emigrantes durante deceas de anos. Aquí foi callando un proceso de avellentamento que agora é moi visible e se manifesta nun contexto de profunda crise económica e paralización laboral”. Segundo dixo, isto fai que se produza “un proceso de expulsión de xente nova en idade de traballar e ter fillos” que fai que taxa de natalidade “caia en picado” e “se acentúe o avellentamento da poboación”.

 

Ferrás sinalou que “a situación é preocupante”e nela inflúe tamén o feito de que as parellas retrasen cada vez máis o momento de ter fillos e que incluso se plantexen non ter familia dada a complicada situación actual. “Actualmente non se chega a un fillo por muller en Galicia. Trátase dunha das taxas máis baixas de Europa e do mundo”.

 

Síguenos en twitter e facebook