El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Galicia XERA un futuro fabril para o seu monte

O sector da madeira, o académico, o gran centro de I+D galo no sector e Inditex apoian o lanzamento en sociedade da Axencia da Industria Forestal no Gaiás

POLA ESQUERDA, Ignacio Lema, director de XERA; Antonio Álvarez, de Inditex; Francisco Conde; pola USC
Manuel Guaita; pola Uvigo Enrique Valero; e polo FCBA galo Andreas Kleinschmit von Lengefeld - FOTO: X.G.
POLA ESQUERDA, Ignacio Lema, director de XERA; Antonio Álvarez, de Inditex; Francisco Conde; pola USC Manuel Guaita; pola Uvigo Enrique Valero; e polo FCBA galo Andreas Kleinschmit von Lengefeld - FOTO: X.G.

SANTI RIVEIRO   | 17.05.2018 
A- A+

Galicia non terá un novo ADIF ligado ó monte, senón que a Axencia da Industria Forestal responderá a unha marca deseñada ó efecto: XERA. Esta nova ferramenta pretende que o sector ligado á madeira e, en especial, as empresas que a transforman, convirtan o rural galego no motor dunha bioeconomía que vai a marcar o porvir do conxunto da humanidade.

Unha transición inevitable nun mundo que en 30 anos disparará un 16 % a súa poboación, a máis de 9.000 millóns de habitantes... menos en Galicia se non hai cambios, onde seremos menos e máis vellos. Un planeta que deberá sustituir os hidrocarburos por materias primas renovables como a madeira, nun contexto de cambio climático e de carencias en algo tan vital como é a auga.

Así o poñía sobre a mesa un experto como Manuel Guaita, catedrático da USC e director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estructural (Pemade), no transcurso da xornada 'Xerando valor na bioeconomía forestal' na Cidade da Cultura, a primeira organizada por XERA. O seu director, Ignacio Lema, encargábase de abrila poñéndose a disposición do sector e avanzando que o seu primeiro gran obxectivo: "A xeración de valor no rural". Pechou o acto o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen indicou que a transición cara a bioeconomía forestal é unha oportunidade para desenvolver en Galicia unha "economía verde" rendible para a cadea monte-industria que respecte o equilibrio medioambiental. E especialmente no noso campo onde, recordou, oitenta mil familias perciben 300 millóns de euros anuais pola venta da madeira das súas fincas, onde baixou a burocracia para as talas, na maioría só é preciso a declaración responsable. A autorización expresa queda para os montes de valor medioambiental e talas de madeira queimada.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt