El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

alberto gago rodríguez

Os impostos aos vehículos se cargarán polo desprazamento

{Vilanova de Arousa 1956 } Alberto Gago Rodríguez, doctor en Economía pola USC, é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo (UVigo), e foi presidente da Asociación Española de Economía Enerxética (AECE). Foto: Arquivo ECG

26.04.2017 
A- A+

Comparte as críticas que fai Bruxelas á dispersión normativa  entre as comunidades autónomas nos impostos ambientais e os distintos enfoques que se fan?
Si, absolutamente. Abordamos este asunto nos nosos traballos sobre impostos ambientais. Se os danos que se pretenden combatir son semellantes (emisión de gases de efecto invernadoiro, contaminación do solo, impactos visuais, etc) os criterios do gravamen deben selo tamén. Na actualidade, a un kilómetro de distancia poden pagarse impostos ambientais –sobre auga encorada, parques de xeración de enerxía eólica, etc– sustancialmente diferentes. Nun país de estrutura federal debe haber criterios fiscais básicos e mínimos impositivos semellantes en todo territorio, e esto debe pedirse para os impostos ambientais autonómicos en España.


Esta heteroxeneidade está a causar fragmentación no mercado e ineficiencias económicas?


Sen dúbida. Ao fragmentarse o marco económico, os axentes vense na necesidade de adoptar decisións por razóns fiscais. Ocorre algo semellante con regulacións económicas que teñen que ver coa competencia territorial pola captura de actividades, personas –físicas e xurídicas– e rendas: este é o principio de moitas ineficiencias económicas.
Segundo o Instituto de Política Medioambiental Europea, unha reforma fiscal en España podería xerar case 3.500 millóns de euros máis na recadación  no 2018 e case 7.000 millóns máis na de 2030.

O cálculo é realista?
Como sempre, os resultados dependen do modelo, as variables e o periodo utilizado na estimación, pero pode dicirse que os cálculos da UE son rigorosos e prudentes. Nun artigo, escrito en coautoría con Xavier Labandeira para a revista Spanish economic and financial outlook, que publica Funcas, revisamos as diversas estimacións realizadas para España durante a última década, e os resultados oscilan entre os 2.600 e os 10.500 millóns de euros de incremento recadatorio para 2013 e 2020, respectivamente. As diferenzas teñen que ver tamén con outras condicións, como se os tipos impositivos son anualmente actualizados, se as reformas simuladas son máis ou menos intensas, etc, pero, en conxunto, o abano dos resultados semella bastante razoable e próximo ao fixado pola UE.


O retraso na imposición ambiental en España está provocado en gran medida polas ineficiencias do modelo económico?
Así é, porque na estimación de custos non se teñen en conta os de natureza social e isto fai que algunhas actividades se manteñan cando en realidade resultan ineficientes. Na actualidade, o obxectivo prioritario de todos os países avanzados é lograr unha transición o menos traumática e o máis rápida posible hacia un modelo de economía descarbonizada. A imposición ambiental cambia conductas –de consumo enerxético, de movilidade, de xeración der residuos, etc– e este cambio é crucial para esa transición. Polo tanto, os retrasos na utilización destes instrumentos actúan como rémoras e frean o cambio de modelo económico.

 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt