Miércoles 25.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
A lo largo de 2009, 6.467 personas estuvieron incluidas, por más o menos tiempo, en el programa de la Renda de Integración Social de Galicia (Risga). Sólo el 7% de los proyectos diseñados por los trabajadores sociales municipales pudieron centrarse en la inserción laboral: para el 93% de los usuarios, el itinerario de integración tuvo que empezar por garantizar condiciones previas (higiene, habilidades sociales, consumos...) para crear posibilidades de acceso al mercado de trabajo. Al término del ejercicio, los resultados de incorporación son modestos, con un escaso 17,48% de inserciones laborales.
El impacto de la crisis económica ha acentuado en 2009 los déficits de un programa ya cuestionado por su eficacia, que el pasado año costó 21 millones de euros a la Administración y que, como ya ha denunciado el BNG, debe revisarse por mandato legal. La Lei de Servizos Sociais de Galicia, que entró en vigor en marzo de 2009, ordena la redacción en el plazo de un año de un nuevo proyecto de ley que actualice la renta de integración social. Con el plazo agotado, la Consellería de Traballo e Benestar ha incluido la redefinición de la Risga en las mesas de trabajo del diálogo social. La mesa 4 volverá a reunirse esta semana y el documento de revisión de la Risga podría quedar bastante avanzado.
La prestación resultante tendrá que aportar concreción al programa. Según datos de la Subdirección Xeral de Inclusión Social, cerca del 30% de los perceptores de Risga son casos de pobreza estructural, con largos espacios de permanencia en el programa o sucesivos reingresos, atados a una mensualidad que, en diciembre de 2009, se situó en 378,18 euros de media.
El análisis de los usuarios que "salieron" del dispositivo en 2009 muestra que el tiempo medio de vinculación al dispositivo es superior a los dos años y medio. "Podemos constatar -explica el subdirector xeral de Inclusión Social de la Xunta, Daniel López Muñoz- que o 16,13% das persoas perceptoras levan máis de catro anos no dispositivo, percibindo unha contía minorada nos termos sinalados pola normativa". Outro dato relevante, dice, es que el 26,10% de las personas que se sumaron a la Risga en 2009 ya la habían percibido con anterioridad.
El equipo de López Muñoz trabaja ahora en una nueva Lei de Inclusión, que corrija ciertos aspectos de la Risga y establezca el marco adecuado para una integración efectiva de la red de servicios sociales con el sistema público de empleo. Para los casos cronificados, el nuevo proyecto normativo prevé habilitar una nueva prestación, como antesala de la inserción laboral, que trabaje necesidades previas para "asegurar unha estabilidade e unha dignidade persoal". "A renda ou tramo de inserción debe ser outra cousa, máis concreta, máis enfocada a unha formación adaptada, que compense carencias importantes e desemboque no emprego", sostiene Daniel López.
rlizcano@elcorreogallego.es
Daniel López Muñoz Subdirector xeral de Inclusión Social
"Estamos falando do núcleo duro do paro estrutural"
- O informe 2009 de avaliación das medidas de inserción social conclúe que só o 17,48% dos usuarios acadaron a inserción laboral. ¿Pódese falar de fracaso? ¿É a porcentaxe habitual noutros anos?
- O éxito ou fracaso hai que medilo sabendo ben con quen se traballa e que obxectivos realistas nos podemos marcar. A Risga é un recurso para a promoción de persoas nas que conflúen varios factores de exclusión social. Non é só cuestión de falta de emprego. Estamos falando do núcleo duro do paro estrutural. Falamos de situacións graves de desestruturación, de itinerarios de longo percurso que só nun 20% en cómputo anual veñen acadando a meta da inserción laboral nos últimos exercicios. Efectivamente en 2009, ano xa impactado pola recesión, esa porcentaxe diminuíu ata ese 17,5% e aí temos que considerar a acción combinada de dous factores: entrou máis xente na Risga e as oportunidades, que xa son menores para tódas as persoas en situación de desemprego, son especialmente escasas para os perceptores da renda de inserción.
- ¿Que requisitos ten que cumprir o emprego conseguido para considerar que se acadou a inserción laboral?
- A normativa reguladora da Risga dispón a suspensión do dereito á prestación no caso de acceso a traballos cunha duración prevista inferior a seis meses, con posibilidade de mantemento do pagamento do complemento de estímulo de inserción durante o período de suspensión. Transcorridos os seis meses, se continúa a actividade laboral, procédese á extinción definitiva do dereito á prestación da Risga, sen prexuízo da posibilidade da volta ao dispositivo ante unha posterior perda do traballo, logo do esgotamento das pertinentes prestacións de desemprego, se xorde o dereito a elas. - ¿Quen se ocupa de supervisar que o proxecto de inserción se leva a cabo?
- A proposta de proxecto de inserción é elaborada polos servizos sociais comunitarios do concello de residencia. Cando se implantou a Risga, que vincula cada unha das solicitudes a un proxecto de inserción, era unha queixa común que non había recursos técnicos para facer o seguimento destes proxectos. Tras case vinte anos foise consolidando un sistema de servizos sociais moito mellor dotado e, co primeiro e o segundo Plan galego de inclusión, desenvolvemos unha metodoloxía de traballo en base a itinerarios de inserción, para a que resulta decisiva a rede de equipos de inclusión socio-laboral. No seguimento do cumprimento do proxecto de inserción interveñen tanto os servizos sociais comunitarios do concello como os equipos profesionais do Plan de inclusión.
- ¿Existe algunha penalización por ingresos en negro?
- Un dos obxectivos da Risga é garantir un mínimo de recursos económicos para a subsistencia. Se se detecta calquera tipo de falseamento de datos, a norma regula o procedemento de extinción. É un recurso público, pagado por todos os contribuíntes, e está regulado o procedemento de reintegro en caso de abuso ou fraude. - ¿Como se pode traballar a inserción laboral dunha persoa que viva no rural e sen medio de transporte?
- A inserción laboral nesas circunstancias é unha das principais dificultades coas que sempre nos atopamos. É un problema dos desaxustes territoriais, tamén nos servizos sociais. Precisamente aí xoga un papel clave a distribución por todo o territorio de equipos técnicos do Plan de inclusión da Xunta, como servizos sociais específicos para os concellos rurais .
