Lunes 20.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
O sector lácteo pecha o seu enésimo annus horribilis, e moitos granxeiros como José Manuel Novo xa pensan en clausurar as súas instalacións. Dende Moeche, este home lamenta que “ninguén se lembre de nós”.
– Como gandeiro, ¿ten confianza no mandato español na UE?
– Ningunha. Tras tantas manifestacións, ninguén nos fixo caso e estamos moi desilusionados. Dá igual que España presida ou non a UE, as nosas reclamacións xa non as atendeu. Os nosos intereses só se defenderán co apoio dos países máis fortes. A inmensa maioría dos gandeiros perdimos a confianza no Goberno central e na Xunta. As administracións nos trataron mal e non cumpriron, é como se non existíramos.
– Dubida do liderazgo de España neste sector.
– Porque a súa forza política é moi pouca. Os políticos queren dar a cara de nenos bonitos, pero non fan nada en ningún sector. Os gandeiros somos machacados por todos os lados. A UE comprometeuse a a pagar un céntimo por litro de leite, chegando a un tope de 15.000 euros por persona. Pero ó final quedou en nada. A min prometéronme 4.000 euros, e déronme 2.000: unha miseria.
– ¿Podería chegar a pechar?
– Tanto eu como outros gandeiros falamos de pechar as granxas. Eu planeo pechar por enriba de todo, porque non recibo axudas. Non se moven as administracións, nen os sindicatos. Non vemos por ningunha parte o famoso contrato homologado, as centrais e as grandes superficies fan o que lles dá a gaña. Todos prometeron cartos e ó final non recibimos nen un peso. Tivemos que poñelo todo do noso peto. E Moeche sen a leite non é nada.
