Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

Presidente do comité de empresa de Navantia-Fene

José Rico: “A partir de 2011, o traballo naval descenderá”

10.01.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

P.H.

Con 330 empregados na empresa principal, Navantia-Fene sobrevive construindo bloques para as fragatas de Ferrol. O último barco alzado en Perlío entregouse en 2003 e o veto productivo da UE impera ata 2015. O responsable do comité de empresa confía en que "España aproveite esta presidencia".

– ¿Por que deposita as súas esperanzas neste semestre?

– Porque as circunstancias serán favorables para un cambio. A través da presidencia española da UE teremos as facilidades para dar un paso máis contra o veto. E as circunstancias económicas da crise tamén servirán de pretexto para fortalecer o naval. Asistimos á situación doutros países da Unión Europea: teñen problemas na construcción naval porque a crise apreta e se cancelan contratos, ou tratan de estirarse para aguantar máis anos.

– ¿Poderá adiantarse o fin do veto no sector civil?

– Temos unha oportunidade única para adiantar ese horizonte. A iniciativa popular de Rumbo 21 tamén levou esa proposta ó Parlamento de Galicia, aínda que cun carácter máis político que de posibilidade. Necesitamos negociar nun intento de facilitar a contratación ante a pandemia da crise.

– Os tempos apremian...

– Vemos dificultades no futuro, non hai contratos novos e a partir de 2011 a carga de traballo descenderá. Só nos queda un ano para novos contratos. Xa remata a fase de corte e prearmamento dos buques, se non hai continuidade nos talleres teremos un gran baleiro. Pedimos esforzos do Goberno central para unha sexta fragata, un parche temporal para depois acadar contratos ambiciosos para a ría de Ferrol. 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS