Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

Juan Casares Long: "Non teño ataduras, traballarei só para que a USC sexa recoñecida"

23.05.2010  “Impulsarei unha serie de medidas para que o proceso de cambio sexa o máis fluído e rápido posible”

4.6/5 [10 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ECG

Juan Casares Long (A Coruña, 1950) coincide co seu rival en que abordar o financiamento da USC coa Xunta será unha das súas primeiras medidas se mañá gaña as eleccións. No apartado das diferenzas entre un e o outro, o catedrático de Enxeñería Química subliña "o carácter plural" da súa candidatura e que as doce persoas que presenta como equipo son todas as que estarán se chega a vitoria. "Eu explicito o que o outro non explicita aínda", advirte o profesor.

¿Cal é a principal diferenza, ao seu xuízo, entre a súa candidatura e a do seu rival?

A experiencia, os anos que levo como a única voz alternativa na universidade. A presenza estes anos nos órganos de goberno axudáronme a coñecer ben cal é a situación da USC.

Se gaña as eleccións, ¿cal será a primeira medida que poña en marcha?

Falaría dun conxunto de accións, e a primeira sería integrarme na comisión que trata o plano de financiamento das universidades galegas. Se é posible, tamén convocarei o claustro antes das vacacións, xa que estamos fóra de prazo para adaptalo á LOMLOU. Impulsarei unha serie de medidas que tratarán de facer que o proceso de cambio sexa o máis fluído e o máis rápido posible.

Hai uns días dous deputados de BNG e de PSdeG pedían o voto progresita para o seu contrincante. Hai quen o ve como a opción conservadora, ¿como se definiría vostede?

Non teño ataduras nin condicionantes, síntome moi libre e penso que traballarei só para que a USC sexa recoñecida. A miña é unha candidatura aberta e plural, onde teñen cabida todas as sensibilidades.

Rodeouse dun equipo de doce persoas, á parte da secretaria xeral ¿non son demasiadas para os tempos de crise que vivimos?

Non, eu explicito o que o outro non explicita. Ademais, iso non quere dicir que nun momento determinado se hai que quitar ou poñer alguén se faga, pero agora mesmo é un equipo completo, para gobernar.

Facendo autocrítica, ¿en que debe mudar ou autocorrixirse a USC?

Temos que corrixir as asimetrías que existen entre campus, centros, departamentos e mesmo áreas de coñecemento, porque debemos garantir a mellor investigación e a mellor docencia.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS