Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

Candidata a reitora da Universidade de Santiago

Laura Sánchez Piñón: "Só podo concibir un proxecto que integre profesores, alumnos e PAS"

28.02.2010  Sánchez Piñón aspira á reitoría da USC sen siglas docentes // "As plataformas non dan cobertura á integración que pretendo", apunta // A súa aposta é "un liderado baseado no diálogo, pensando nas persoas e na responsabilidade"

3.5/5 [114 Voto/s]

17
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I. CASAL • SANTIAGO

Laura Sánchez Piñón, na entrada do Cibus, no campus de Santiago
Laura Sánchez Piñón, na entrada do Cibus, no campus de Santiago

En abril regresou ao seu hábitat natural, tras catro anos como conselleira socialista de Educación e Ordenación Universitaria co Bipartito. A volta, di Laura Sánchez Piñón (Bos Aires, 1954), foi gratificante. "Tiña ganas de volver, encántame a docencia", explica no despacho que ocupa no Centro de Investigacións Biolóxicas (Cibus), o seu espazo de traballo no campus de Santiago. O principal é na Facultade de Veterinaria de Lugo, onde ten o cuartel xeral de Acuigen, o grupo de xenética de peixes que fundou nos 90, recoñecido coa etiqueta de excelencia competitiva. Entre ambos os dous campus anda tamén a traballar dende hai meses nunha candidatura á reitoría á marxe de siglas docentes. O seu é sobre todo un proxecto con vocación integradora, de potenciación do talento e que busca o mellor da universidade para entregarllo á sociedade, repite na conversa Sánchez Piñón, nena na emigración bonaerense, catedrática dende 2001, nai de tres cativas en idade escolar e nova amante da ópera da man dunha delas, que é estudante de canto, gústalle contar con orgullo.

_ ¿Por que agora a candidatura?

_ Estudei na Facultade de Bioloxía e empecei a traballar no campus de Lugo en 1981, onde desenvolvín toda a miña carreira. A idea da candidatura xa me rondaba a cabeza hai anos e creo que agora estou no momento vital adecuado. Síntome coas forzas para devolverlle á USC todo o que me deu, e quero facelo cun proxecto claramente integrador, cun liderado baseado no diálogo, pensando nas persoas e na responsabilidade.

- ¿Non teme que a perxudique que non tivese novo plano de financiamento como conselleira?

- O meu paso polo Goberno foi unha oportunidade para mellorar a xestión da educación en Galicia e coñecer todo o sistema educativo. Non imaxino que ninguén vexa como unha desvantaxe ter experiencia xestora ao máis alto nivel. De feito, é algo que xa lles están a esixir aos candidatos ás reitorías de universidades punteiras como a de Oxford. Sobre o financiamento, na consellería conversamos cos reitores do tema, mais por mor da crise non foi posible adiantar un novo plan. Pero de 2005 a 2008 Galicia pasou dun investimento medio de 5.400 euros por universitario a 9.500. Recuperamos 20 puntos e chegamos á media estatal, como reflicte o documento no que traballa a Secretaría de Estado de Universidades sobre este asunto.

- Neste tema pídeselle á Administración, pero haberá que esixirlle tamén a quen recibe.

- Unha vez superada a crise, precisamos compromisos e perspectivas claras de financiamento a medio prazo, co horizonte do 2015. O que non podemos é perder, como sucedeu este ano. A universidade, pola súa banda, debe mellorar os seus indicadores de eficacia e eficiencia e promover unha maior corresponsabilidade co seu contorno, apostando polo desenvolmento social e económico do país. E iso non é só en forma de patentes, hai moitísimas cousas que teñen valor social e que saen da investigación. Eu aposto tamén por unha maior disciplina e responsabilidade, e por asumir a obriga colectiva de facer balance do traballo a curto prazo e ter ambición a longo prazo.

- ¿Que retos específicos debe fixarse a USC?

- O gran reto é construír unha estratexia de progreso na cultura, na formación, na I+D+i e pensar en facer achegas ao cambio estrutural da economía e á mellora da cohesión social. E a clave son as persoas: os estudantes, para os que queremos unha mellor formación e maior empregabilidade; o persoal docente e investigador (PDI), que merece máis recoñecemento social do que fai e unha carreira científica clara; e o persoal de administración e servizos (PAS), que tamén debe ter a oportunidade de mellorar a súa carreira. Non podo concibir un proxecto se non é de integración de toda a comunidade universitaria. Aínda que o PDI poida ter un nivel de implicación maior, é moi importante ligar a outra parte, con políticas de promoción e de máis participación.

- ¿Se gaña as eleccións, fará seu o proxecto de Campus Vida?

- Debemos apostar por este tipo de proxectos e outros doutras áreas que nos sitúan entre as mellores universidades de España. Campus Vida está avalado cun selo de excelencia internacional, baseado na fortaleza da biomedicina na USC e no seu contorno, un dos mellores hospitais de España en produción investigadora. Debe servir para potenciar a interacción entre universidade, hospital e empresas, á maneira, por exemplo, do Genome Campus de Cambridge. Púxose en marcha nos 90, coa apertura de tres grandes centros de investigación, e ao seu redor medrou un importante número de empresas, fixo realmente progresar a economía da rexión.

¿Cal é a súa aposta para Medicina?

- Unha única facultade, con docencia clínica nos diferentes hospitais de Galicia. O novo edificio será tamén unha aposta clara.

- Con Campus Vida semella que hai outras áreas que temen verse máis desatentidas.

- A USC é unha universidade completa, temos un altísimo nivel tanto nas ciencias da saúde e as experimentais, como nas sociais, nas enxeñerías e nas humanidades. Non hai que confrontar
unhas áreas con outras.

- Pode chegar a haber seis candidaturas, ¿que lectura fai diso?

- A votación directa e ponderada está a provocar cada vez en máis universidades un número superior de candidaturas. A elección está moi aberta.

- No caso da USC, ¿ten que ver tamén cun cambio nas plataformas docentes?

- Penso que si, non son o que foron no pasado. Teñen un papel como grupos de opinión, pero xa estamos a ver que hai moitas candidaturas que non parten delas, porque recollen outro espírito que está na universidade e que pretendo coa miña candidatura: a integración de toda a comunidade universitaria da que falaba, algo ao que as plataformas non dan cobertura.

- ¿Séntese apoiada nesta andaiana?

- A verdade é que si. Estou a traballar cun grupo importante de xente, de todas as áreas de coñecemento, profesores, PAS e estudantes, con moito diálogo, construíndo un proxecto de todos con moita ilusión.

- ¿Pode avanzar algunhas das liñas xerais do proxecto?

- Algunhas das grandes liñas serán reforzar o carácter público da educación superior, incrementando a competencia universitaria no contorno global e o valor social e económico do coñecemento que xera a USC; e
unha maior internacionalización e mobilidade para todos os colectivos. E para os nosos titulados, garantirlles unha formación de excelencia e traballar na súa mellor valoración por parte dos empregadores locais e nacionais.
- ¿Haberá reitora por primeira vez na historia da USC?

- Haberá, estou convencida. Aínda que o número de profesoras titulares medra, seguimos ocupando só un 13% das cátedras (requisto para optar á reitoría), e pese a iso seremos varias candidatas. É unha satisfacción, amosa a evolución que está a haber, a forza que penso que temos as mulleres. É moi bo que a USC teña mulleres que dean ese paso.

- ¿Se gaña, a que sente ter que renunciar?

- Penso que ter un cargo de alta responsabilidade non obriga a renunciar a nada. É moi importante coidar os amigos e cultivar as afeccións, porque tamén nos enriquecen como persoas e como profesionais. As miñas son o cine, que adquirín co meu pai; a lectura, da man da que me estou adentrando nos últimos tempos na filosofía da ciencia; e a ópera, que é máis recente, e que me contaxiou a miña filla.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS