Lunes 20.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Manuel Dios |
O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, e integrante da Plataforma Galicia con Garzón, falou este martes en Radio Obradoiro da expulsión do maxistrado da carreira xudicial, tra-la súa condena polas escoitas da trama Gürtel. Manuel Dios está convencido de que Baltasar Garzón "é víctima dunha cacería infame". Na súa opinión, resulta evidente que o obxectivo dos 3 procesos xudiciais que lle foron abertos "era apartalo da carreira xudicial". Un obxectivo, engadiu, que "é un golpe para Garzón pero tamén para a xustiza democrática".
Para Manuel Dios, "o insólito desta condena é que se fai en contra da opinión da Fiscalía. Tamén resulta sorprendente que o primeiro condenado da trama Gürtel sexa o xuíz que a destapou". Segundo o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, "necesitamos que a transición democrática chegue tamén ó Tribunal Supremo".
Por outra banda, Dios lembrou que Galicia lle debe moito a Garzón, fundamentalmente "a persecución que fixo do narcotráfico. Foi a primeira persoa que escoitou ás nais con fillos metidos na droga. Houbo un antes e un despois da Operación Nécora". Tamén quixo recordar "o traballo que fixo co procesamento de Augusto Pinochet e a investigación dos GAL".
Este xoves, 23 de febreiro, haberá unha concentración de apoio a Baltasar Garzón ás 20.00 horas na Praza do Toural. Manuel Dios explicou que a plataforma seguirá adiante con este tipo de actos por "esto aínda está comezando e probablemente a concena de inhabilitación se poida volver no seu día contra o Tribunal Supremo".
