Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

feridas do pasado

Mayte Cabezas: 'Oír a súa voz outra vez sería terrible, chamábannos para rirse da nosa dor'

14.11.2008  Filla do Guardia civil asasinado por membros do Grapo, Pedro Cabezas González

3.1/5 [17 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

NATALIA SEQUEIRO

– A vosa familia está de acordo coas peticións do fiscal?

– Na casa nunca se fala diso, é demasiado doloroso. Pode alguén poñerlle valor á vida do seu propio pai ou esposo? Eu non podería. Ademais, o bo sería saber canta parte desa pena e en que réxime vai cumprila. Vanlle outorgar coma no caso dalgunha das compañeiras deste asasino permiso de fin de semana? Unha das súas cómplices no asasinato do meu pai e do seu compañeiro, xa fora xulgada e encadeada previamente pero puido organizar e cometer estes dous crimes grazas a que fuxiu nunha fin de semana de permiso. Canto ás indemnizacións dá igual a que se solicite, nunca pagan. De feito saen á rúa despois de cumpri-las penas sen ter nin tan sequera iniciado o pago nin declarado de que xeito lle van facer fronte. Decláranse insolventes e a vivir.

– ¿É difícil esperar 20 anos para que se xulguen finalmente os responsables do asasinato?

É duro ver como a sociedade esquece tan rápido e como segue habendo vítimas e xuízos de primeira, de segunda e de terceira... Asuntos que se resolven en meses e outros nos que o tempo se detén sen que ninguén pareza facer nada.

– ¿Por que foi tan lento o proceso xudicial? ¿Recibides información as familias sobre el?

Supoño que este individuo tería outras causas pendentes, quero pensar que a demora ten algún tipo de xustificación porque se non, a alternativa é aterradora, querería dicir que vivimos nun país cun sistema xudicial incapaz, deshumanizado e insensible. Claro está que son suposicións miñas porque as familias non recibimos información de ningún tipo. A min non me consta que houbera nestes 20 anos contacto ningún por parte da fiscalía.

– ¿Pensou en ir ó xuízo?

Persoalmente o custo emocional de revivilo todo sería demasiado alto. Asistir á frialdade coa que estes suxeitos se vanglorian dos seus crimes, os xustifican e minimizan a túa dor é tremendo. Escoitar outra vez a súa ameazadora voz sería terrible, porque o que moita xente non sabe é como actúan despois dos asasinatos. Durante meses seguen acosando as familias e facendo chamadas telefónicas para rirse da túa dor e amosar o insignificante que para eles era a vida do teu pai e o orgullosos que están de facer o que fixeron... Hai cousas que os xuíces non teñen en conta e que os medios ignoran.

– ¿Cres que os medios non informan axeitadamente?

Deberían darlle un tratamento a este tipo de criminais máis axeitado á realidade, que os medios deixen de referirse a eles coma "históricos", "dirixentes", "militantes". En realidade son delincuentes, ladróns, asasinos, secuestradores, terroristas é torturadores. 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS