El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

PROTESTAS NOS CAMPUS

Novo peche en Historia e corte de tráfico de universitarios en Lugo

FOTO: Nuria Pampín Rei
FOTO: Nuria Pampín Rei

ECG  | 25.05.2012 
A- A+

O rexeitamente ao incremento das taxas universitarias e o endurecemento das condicións para acceder ás bolsas segue a manifestarse en forma de peches nos campus galegos. Na noite do xoves ao venres, un grupo de estudantes iniciou un novo peche na facultade de Historia de Santiago que se manterá polo menos ata o domingo. Os organizadores animan os compañeiros que estes días non atopen posto de lectura nas bibliotecas da facultade de Ciencias Económicas e Concepción Arenal a ir a estudar á facultade durante a fin de semana.
No campus de Lugo prosegue tamén o peche na biblioteca intercentros, aínda que hoxe o foco de atención está na rúa. Un grupo de varias decenas de universitarios curtou o tráfico, a partir das sete e media da tarde, na zona da ronda da Muralla. ecg